Reunión del Técnico de Senderos con la Federación Galega de Montañismo

Reunión del Técnico de Senderos con Alberto Canle (vocal de senderos de la FGM) y Adolfo Puch (Presidente de la FGM). El técnico nos reporta lo siguiente: 

«A FGM ten interese de que o proxecto de homologación saia adiante e vén que vai tomando forma. De feito, comentáronme que coa homologación proporían ademáis que o Camiño dos Faros fose recoñecido dentro do sendeiro europeo E9 que recorre toda a costa.  Comentan que se debe cumprir o requisito de % de asfalto que a normativa de homologación indica sendo particularmente estritos nisto. Comentámoslle que estamos a facer modificacións nese senso. 

En canto á presentación da documentación, indican que se pode entregar XA unha vez rematado o documento, incluso sen ter todos os treitos ultimados (por exemplo, caso dos que haxa que obter a preceptiva autorización ou indicación de Medio Ambiente, etc.).

En caso de modificacións posteriores, simplemente sería preciso presentar un ANEXO expoñendo as modificacións, fotos, etc. e achegarlles o correspondente arquivo electrónico co track modificado

Polo tanto, desta reunión quedámonos co seu interese en que se homologue o Camiño dos Faros, e seguimos traballando…