Archivo de la categoría: Educación

Resumen de las charlas y salidas realizadas en el ámbito educativo para dar a conocer este Camiño dos Faros.

Proxecto dos nenos de Cambre

O Camiño dos Faros é un proxecto de 1º da ESO do IES Afonso X o Sabio de Cambre.

É un traballo en grupo e consta de varias partes: a maqueta do faro que lles toca, unha guía turística da zona (en papel) e remataremos facendo un anaco da ruta a última semana de curso.

Cada grupo está formado por tres persoas e cada unha ten unha etapa, son 8 grupos por aula. Parten da vosa páxina e teñen que tratar uns puntos mínimos que eu lles dei, despois engaden o que consideren importante, o que lles chame a atención ou o que queiran.

A maqueta ten que ser maioritariamente feita con material reciclado (por exemplo o faro de Touriñán é das Pringles). Teñen de prazo até o 31 de maio. Por agora só temos dúas maquetas, esta entregáronma hoxe e é espectacular!

Convidámosvos a vir ao centro ver a exposición no mes de xuño se vos apetece.

#estononsepara #trasniñosmolons #traskinspiracions

 

CPI A Picota Mazaricos ao Camiño dos Faros

Esto é o que buscamos dende a Asociación. INSPIRAR a colexios e outros colectivos con nenos a que veñan desfrutar desta Traskiaventura pola Costa da Morte. Esta é a crónica feita polo CPI A Picota.

Chegou maio e mirando o almanaque por esta inestabilidade meteorolóxica, marcamos unha data para a excursión de fin de curso. Unha saída de confraternización entre o alumnado de primaria e infantil do CPI A Picota, aqueles que máis conviven todo o curso xuntiños/as e co obxectivo de prolongar esta relación nunha xornada  fóra do cole.

 Daquela, eliximos o Camiño dos Faros, unhas rutas de sendeirismo que poñen en valor a área da Costa da Morte.

Saímos  todos de Camelle, onde o museo de Man capitalizou a nosa atención  e a partir de aí camiñamos en función das idades.

Primeiramente os rapaces/zas de infantil merendaron para despois visitar o pobo e disfrutar a pé do entorno da zona. Entre os parques, o museo e as construcións típicas da beira do mar pasaron as horas da mañán.

O alumnado de primeiro e segundo de primaria acompañou ao resto de excursionistas do cole ata a Praia de Arou, alí quedaron enredando no parque ata repor forzas para facer o percorrido  de volta. Camiñaron estes, sobre tres quilómetros.

Os máis maiores da etapa, é dicir, 3º, 4º, 5º e 6º  foron desde Camelle ata Punta Lobeira, algo máis aló de Arou e que representa un enclave da zona por ser un saínte marítimo onde o mar revólvese de máis e cunhas vistas excepcionais. En total, na ida e na volta andiveron uns 6 quilómetros, observando percebeiros, a recollida de alga para cosméticos, a vexetación característica do litoral marítimo, os cantís, as praias abertas da costa e como a vida nun pobo costeiro xira en torno ao mar.

En voltando os da ruta longa, reunímonos todos/as en Camelle para ir desde aí ao merendeiro do Ariño no lugar Xaviña. Alí, entre a arboleda, as mesas e bancos dispuxémonos a comer, xa con moita fame para despois xogar no merendeiro e na praia. Dicir que levamos material de ocio e tempo libre para que, por grupos ou de xeito individual, se organizasen e disfrutasen do resto da xornada.

O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo de 200 quilómetros que une Malpica con Finisterre pola beira do mar. Un camiño que ten o mar como maior protagonista e que pasa por todos os faros e principais puntos de interese desta Costa da Morte. Percorre moitas paisaxes diferentes, sempre mirando cara ao mar e cara ao oeste:faros, praias, dunas, ríos, cantís, bosques, estuarios cunha gran cantidade de aves, mares de granito, castros, dólmenes, vilas mariñeiras, miradoiros ao mar que rompe de todas as formas posibles, postas de sol… que levará ao camiñante a un mundo de sensacións únicas que só se poden gozar nesta Costa da Morte.

Los niños del CEIP Portonovo cumplen su sueño

Erase una vez una profe llamada Vero que llega a un colegio de las Rías Baixas a hacer una sustitución en una clase de 1º de Primaria, con niños de 6 y 7 años. Al mismo tiempo, se decide a hacer O Camiño dos Faros y queda enganchada como otros muchos que yo me sé.
 

Entonces decide usar a Traski con sus niños. Primero les explica quien es, que hace, despues le enseña los faros, los símbolos celtas, las reglas medioambientales básicas… y la cosa va avanzando. Ahora ya son los niños los que saben lo que come Traski, si tiene hermanos, se cartean todas las semanas con él y Traski les hace pruebas, tienen metido en el ajo al bedel del colegio, hacen murales,… ya os podéis imaginar. Cuando llega la profe pasan de ella, sólo quieren saber de Traski.

Entonces esta profe que hizo?. Quiso organizar una excursión con el cole pero no fue posible, todo eran trabas. Como es cabezona y trasna y sabe la ilusión que le iba a hacer a los niños, convocó a los padres por su cuenta a través de carta y les contó la historia.

¿Resultado? Hoy sábado salimos de la Praia de Trece 15 niños de 6-7 años, sus hermanos, sus padres y la profe (en total 40 personas), para aprender lo que son las dunas, respetar los senderos, cuidar las plantas, caminar en familia y, en definitiva, respirar toda esta magia que sabemos que hay. Y durante la ruta, los niños tendrán que ir encontrando pistas que les llevarán hasta el Faro Vilán y a Traski.

O CAMIÑO DOS FAROS… MOITO MAIS CUNHA RUTA

 
Y es te es el regalo que nos hicieron los niños a la asociación para que recordásemos siempre esta experiencia
 
 

CEIP Joaquín Rodríguez Otero (Buño)

En realidade empezaremos co proxecto «O Camiño dos Faros» este curso 17-18, pero xa fixemos a finais de curso unha pequena introducción,  xa que fomos de excursión a Valarés e os nenos e nenas viron a Traski desde lonxe, a partir de ahí empezamos a investigar e buscar puntos e frechas.

Un día Traski deixou unha carta na casa dunha alumna e deixoulle un regaliño para cada un (unha pedra co seu nome) e deixou olvidado o gorro…e agora en setembro toca retomar esta historia.

Temos pensado traballar toponimia, simbolos celtas, todos os faros, dólmens…e todo aquilo q vaia xurdindo da curiosidade dos nenos e nenas.

El CP Milladoiro de Malpica recorriendo la primera etapa

Este jueves 27 de abril acompañamos a los alumnos y profesores del CEIP Milladoiro de Malpica, que recorrieron parte de la primera etapa de O Camiño dos Faros desde San Adrián a Seiruga. 40 trasniñ@s de 9 y 10 años con sus profesores.

Arrancamos a las 9:30 del colegio, 10:00 San Adrian y acabamos a las 13:30 en la Praia de Seiruga. Todo salió genial, jornada de contacto con el camino y con el mar de las Sisargas que tardarán en olvidar.

18155977_1485303791489975_6431846076471446790_o