Camiño dos Faros Infantil 2019

Dime e esquézoo. Ensíname e lémbroo. Involúcrame e apréndoo.” Así se refería Benxamín Franklin ao proceso de ensino-aprendizaxe.

O obxectivo deste Camiño dos Faros Infantil non dista nada do que o autor pretendía coa súa famosa frase. Queremos que os nenos perciban a súa realidade cotiá, que coñezan a historia da súa terra, que sintan seu cada recuncho, neste caso, da Costa da Morte.

E tamén queremos que os adultos aprendan a sacar fora ese neno que adoita estar escondido nalgún lugar e que na vida diaria non adoita saír e coñezan máis aos seus fillos ao participar activamente con eles desta aventura.

CARACTERISTICAS DO CAMIÑO DOS FAROS INFANTIL  2019
(PARA NEN@S DE 6 A 12 ANOS)
PARTICIPACION LIBRE E AUTOGUIADA POLOS PAIS

O obxetivo deste Camiño dos Faros Infantil 2019 é deseñar e ir buscando o mellor modelo para que exista un xogo permanente no Camiño que o poida poda facer calqueira familia en calqueira momento, e non dependa de ninguén.

A Asociación O Camiño dos Faros non dispón de voluntarios coa titulación suficiente para guiar unha actividade con nenos, polo que deben ser os pais os encargados e responsables deles.

A Asociación non se fai responsable da actividade que debe ser autoguiada polos maiores da familia, que serán ademáis o que leven o ritmo do xogo apoiados nos audios de Traski. Nengún membro da asociación estará guiando a ruta.

A Asociación únicamente se fai  responsable de ter un xogo no camiño para que, os que queirades, poidades vir facelo os sábados ás 4 da tarde. 

O desenvolvemento do xogo é o seguinte:

  • Dividimos cada unha das 8 ETAPAS do Camiño dos Faros en 3 TRAMOS, polo tanto, hay 24 TRAMOS ao longo dos 200 kilómetros. Cada un deses tramos terá un xogo independiente. Na web podedes ver a dificultade e características de cada tramo.

  • Para o desenvolvemento do xogo existe un adulto TRASKIAXUDANTE que é o que debe levar o ritmo do xogo cos audios de Traski no seu teléfono e reproducilos no momento adecuado.
  • Cada XOGO consta de varias probas. Na páxina web estarán publicados uns AUDIOS nos que Traski dará as PISTAS precisas para atopar os puntos onde están as PROBAS.
  • Cada PROBA ten unha solución que cada trasniño ten que ir escribindo no seu TRASKIPASAPORTE.

    • Ademáis, en cada unha das probas podes atopar unha letra e con todas as letras formar o TRASKIENIGMA, que é o que debes entregar no local de final de etapa para poder canxear polo PREMIO.

Durante estos próximos meses iremos creando os xogos en cada un deses tramos e, durante os sábados da edición, pola tarde, faremos con nosos nenos algún deles.

Para participar só é necesario que aparezas alí porque recorda que a Asociación non se fai responsable da actividade que debe ser autoguiada polos maiores de cada grupo, que serán ademáis o que leven o ritmo do xogo apoiados nos audios de Traski.

CALENDARIO 2019

      • 16 MAR Malpica – Cabo de San Adrián – Malpica
      • 30 MAR Corme – Aldea do Roncudo – Faro Roncudo – Corme
      • 13 ABR Laxe – Soesto – Laxe
      • 04 MAI Camelle – Praia de Traba – Camelle
      • 08 XUÑ Praia de Lires
      • 22 XUÑ Praia de Arnela – Cabo Fisterra 

TRAMOS

PROXECTOS ANTERIORES

SÍGUENOS NO FACEBOOK

Un paisaje en cada paso