Después de lo demostrado y de los datos que teníamos, empezamos a mover hilos. Aquí tenemos el primer contacto con la Federación Galega de Montañismo en una conversación radiofónica con Alberto Canle (vocal de senderos)
2014 Diciembre Alberto Canle, vogal da Federación de Montañismo nos envía un e-mail
Boas tardes ao trasno que estivo nas ondas en Radio Galega. Logo da intervención do pasado sábado, dende a Federación queremos animarvos a que continuedes coa idea de homologar O Camiño dos Faros como un sendeiro GR. Dende xa, tendes o noso apoio e e colabouración na parte técnica para lévalo adiante.
Como ben decías, ao frente da financiación debía ponerse a Deputación Provincial a través de algún Plan FEDER en coordinación cos concellos polos que discorre o itinerario, ese sería un bo camiño e realizable para arranxar financiamento.
Cara ao mantemento, polas experiencias que temos, aínda que na hora de homologar un sendeiro os concellos asinan un compromiso de mantemento, a realidade é que se esquecen do compromiso adquirido e con demasiada frecuencia, temos que deshomologar os sendeiros por falta de mantemento; sempre aducen falta de cartos para face-las obras. Cando se trata de asociacións de veciños, culturais ou comunidades de montes, o resultado é ben distinto e os propios membros das asociacións organizan brigadas que se encargan do mantemento do sendeiro dividido en tramos. Pero de esto, falaríamos logo de ver realizado o sendeiro, non poñamo-lo carro diante dos bois.
Pola nosa parte, vamos a poñernos en contacto co responsable de promoción turística na Deputación de A Coruña para que se poña en contacto con vos e ver si é posible facer realidade este interesante proxecto.
Achego documentación para que tomedes contacto co tema. Recibide un cordial saúdo,
Alberto Canle (responsable de senderos de la FGM)