Somos trasnas é unha frase que nos repetimos continuamente Teresa Candal e Marta Amado. E moita máis xente ó longo das rutas que abrangue o Camiño dos Faros. Foi precisamente nunha delas onde nos coñecemos e xuramos que un día fariamos algo xuntas, Teresa cos seus pinceis e eu cos meus bolis.
Pasaron algún que outro ano e unhas cuantas rutas ata que xordeu a oportunidade. Primeiro, unha pequena exposición de pintura e logo a presentación dun conto ilustrado a un concurso. Necesitabamos un seudónimo e tivémolo claro: somos trasnas.
¿E qué é ser trasnas?
Miñas fillas din que é ser aventureiras, exploradoras intrépidas. Eu digo que ser trasnas é rir e chorar, é deixarte sorprender polo camiño que a vida che pon diante. É atravesar acantilados pedregosos, enlamados, cun pé diante e outro detrás e onde un paso en falso non é o fin, é a oportunidade de comezar de novo.
Di Teresa que en cada gran de area, en cada onda, en cada faro, atopas e deixas un anaco de ti mesmo e da xente que te acompaña. Ser trasnas é buscar o teu sitio no mundo e crer que o atopas.
É deixarte embriagar das paisaxes e das xentes que te acompañan en cada etapa, da vida, do camino. Ser trasnas é o reto de vivir, gozando, sufrindo, pero sobre todo, superándote a ti mesma.
Marta Amado