O sábado 2 de Xuño continuaremos este I Camiño dos Faros Infantil en Lires e Nemiña, no que un pequeno grupo de nenos de 6 a 12 anos acompañados de seus pais e nais farán outro tramo do Camiño dos Faros cheo de maxia e aventuras.
TRASKIAVENTURA NA COSTA DA MORTE
Capítulo 4: Traski voando ata o Solpor
Sábado 2 de Xuño (Lires-Nemiña)
Fixádevos que repetimos o formato. Non haberá presencia na ruta de membros da asociación, e a responsabilidade na ruta e na participación nos xogos que se propoñen recaerá totalmente sobre o tutor do menor.
Con esto pretendemos que sexa unha actividade onde pais e nenos
teñan que xuntarse con outras familias para resolver conxuntamente as probas que lles presente Traski, sen depender da existencia ou non de monitores.
- Horario da actividade: De 16:00 a 20:00 horas (quedada ás 16:00 no Bar Playa de Lires (principio e fin da etapa)
- Percorrido: Lires – Nemiña – Lires
- Distancia: 12 kilómetros
- Número máximo de nenos: 50 nenos de 6 a 12 anos. Acompañados sempre de 1 adulto que se responsabilizará en todo momento do neno. Ningún membro da asociación vos acompañará na ruta.
- Imprescindible para nenos e adultos: Calzado que agarre tanto ao chan coma o nocello, xa que ides camiñar sobre pedras de granito, o mellor son botas de sendeirismo. Se levades o neno sen o calzado adecuado a responsabilidade será vosa.
- Temática das pistas: Praias, Paxaros, Música, Solpor e a maxia e fantasía de Traski.
- Mecánica do xogo: Non haberá monitores da asociación «en ruta», así as familias iranse agrupando por sí mesmas, as súas afinidades e o ritmo que leven. Os membros da asociación estarán situados en 6 pistas/probas ao longo do camiño e os grupos irán pasando por cada unha delas antes de rematar
- Planning
- 16:00 Quedada no Bar Playa de Lires (buscade a nosa mesa de recepción de trasniñ@s)
- 16:15 Saída da etapa cara a aldea de Lires e praia de Nemiña para logo vir de volta.
- 20:00 Refrescos no Bar Playa en Lires
- Solpor con actuación de Traskiband
Inscripción cerrada ya para esta etapa
Plano da etapa
Tramos que percorreremos
Ría de Lires
La Ría de Lires es la más pequeña de Galicia y se forma en la desembocadura del Río Castro en …
Praia de Nemiña
Situada en un entorno privilegiado con la Ría de Lires, la Praia de Nemiña es el final de esta séptima …
Vaosilveiro
Este tramo va paralelo al Río Castro por un sendero ancho entre bosques repletos de vegetación autóctona hasta llegar a …

