Tramo 2-2: Circular Corme-Faro Roncudo (30 de Marzo ás 16:00 h)

<<Tramo 1-1 Malpica - San Adrián (16 de Marzo ás 16:00h)Camiño dos Faros Infantil: Etapa 3 - Música en Dombate & Traskiaventura no Faro de Laxe>>

O tramo desta segunda etapa do Camiño dos Faros Infantil sae da Praza da Ribeira, no Porto de Corme e percorre todo esta vila mariñeira ata a aldea abandonada de Candelago e,despois, ata o Parque Eólico. A partir de ahí temos o tramo máis complicado do  camiño, a Baixada ao Faro Roncudo que recomendamos que vexades  para saber onde os ides meter.

Así chegaremos ao Faro Roncudo, onde as 6 da tarde temos previsto unha parada grande para merendar, agruparnos e escoitar as historias de Suso Lista, que coñece como ninguén toda esta Costa da Morte. Dende alí, polo arcén  da estrada, chegaremos de novo a Praza da Ribeira en Corme, fin da etapa.

  • Tramo: Corme – Candelago – Baixada ao Roncudo – Faro Roncudo – Corme
  • Kilómetros: 8,5 Km (circular)
  • Tempo aproximado: 3 horas 30 min
  • Dificultade: Alta

HORA DE COMEZO: ÁS 16:00 NA PRAZA DA RIBEIRA DE CORME

Ás 16.00 horas tedes que estar na Praza da Ribeira de Corme  (Punto 0) onde cada neno recibirá o seu TRASKIPASAPORTE. A partir de ahí, tedes que facervos unha foto e iniciar o xogo pola vosa conta seguindo as diferentes probas. Neste caso non haberá audios.

A mecánica é sinxela, nos PANEIS teredes as PISTAS para chegar a o seguinte PUNTO onde tedes unha PROBA, que tedes que resolver . Recorda, primeiro resolver a proba e despois lee a pista que vos levará ao seguinte punto.  

Cada PROBA ten unha solución que cada trasniño ten que ir escribindo no seu TRASKIPASAPORTE.

Ademáis, en cada unha das probas podes atopar unha letra e con todas as letras formar o TRASKIENIGMA, que é o que debes entregar no local de final de etapa para poder canxear polo PREMIO.

CARACTERISTICAS DO CAMIÑO DOS FAROS INFANTIL  2019
(PARA NEN@S DE 6 A 12 ANOS)
PARTICIPACION LIBRE E AUTOGUIADA POLOS PAIS

O obxetivo deste Camiño dos Faros Infantil 2019 é deseñar e ir buscando o mellor modelo para que exista un xogo permanente no Camiño que o poida poda facer calqueira familia en calqueira momento, e non dependa de ninguén.

A Asociación O Camiño dos Faros non dispón de voluntarios coa titulación suficiente para guiar unha actividade con nenos, polo que deben ser os pais os encargados e responsables deles.

A Asociación non se fai responsable da actividade que debe ser autoguiada polos maiores da familia, que serán ademáis o que leven o ritmo do xogo apoiados nas probas. Nengún membro da asociación estará guiando a ruta.

A Asociación únicamente se fai  responsable de ter un xogo no camiño para que, os que queirades, poidades vir facelo os sábados ás 4 da tarde. 

SÍGUENOS NO FACEBOOK