Nos llega un mensaje del Técnico de Senderos que nos indica que el informe de la FGM es negativo, que el informe no puede ser homologado y que el técnico renuncia a continuar.
Quedamos de piedra! ¿Como podía ser un informe negativo si habíamos hecho todo lo que se nos pidió? ¿Y a que viene ese «no puedo seguir con esto»? No entendíamos nada.
Esta es la respuesta de la Federación firmado por Raúl Leirós, nuevo Vocal de Senderos de la Federación Gallega de Montañismo:
Estimado Técnico de Senderos:
Unha vez revisada a información que nos fiseches chegar, teño que participarte que este itinerario non cumpre os mínimos para iniciar o proceso de homologación dun sendeiro…
Realmente alucinante! El Técnico de Senderos, dependiente y formado por la federación y contratado por la asociación, había presentado el EDS a la federación sin las mejores realizadas en los últimos 2 años. El motivo que aduce es que no pudo hacer ese recorrido por las mejoras y que, sin recorrerlas, no lo va a presentar.
Otra cosa que nos extraña mucho es su renuncia, ya que desde el 2014 hasta el día de ayer estaba convencido de que la ruta era homologable y estaba superimplicado con el proyecto.
..basicamente por estes motivos:
Art. 3.5 g) Natureza e titularidade de los terreos. O Artigo 3.5 g da Normativa de homologación de sendeiros FGM 2018 establece o seguinte: “Natureza e titularidade dos terreos polos que discorre, cos permisos correspondentes. Deberán aparecer por escrito as autorizacións e permisos de paso, así como as autorizacións de execución de obra e actuación no terreo, concedidos por las autoridades u organismos competentes.”
Neste punto fago mención ao que di o informe enviado na que se fai mención de facer unha solicitude ao Concello de Corme para facer unha veirarúa dende o Faro do Roncudo ata Corme. O que se necesita non é un compromiso, se non o proxecto da obra e a súa licenza. Os compromisos poden non chegar a facerse, e o sendeiro sería deshomologado.
Non imos facer nengunha obra porque o camiño non a necesita. O anaco de beirarua de herba que presentamos no EDS xa está feito de por sí, só hai que pisalo e poñer un poste de señalización para que a xente o camiñe. Ese tramo do Roncudo a Corme foi mellorado, eliminando a metade de asfalto. O EDS non ten previsto ningunha obra.
Tampouco se aportan permisos da Consellería de Medioambiente para que o sendeiro discorra por zonas ZEPA.
Non só fai falla permiso para pasar por Zona ZEPA, o recorrido vai na súa totalidad por Red Natura 2000. Polo tanto, unha vez temos o track definitivo no EDS podemos finalizar e entregar o Evaluación de Impacto Ambiental Simplificada, que é o que nos solicitou a Consellería de Medio Ambiente no seu momento, e que será entregado este mes. Un análise ambiental que levamos feito e desenrolando dende o principio do proxecto en total comunicación coa consellería.
Art. 5.1 e) “Os sendeiros non poderán transcorrer en paralelo a unha estrada se a velocidade autorizada para a circulación motorizada pola mesma é superior a 50 km/ h, se esta non ten beirarrúas ou pasos debidamente habilitados e sinalizados para persoas.” Tense constancia dun lugar do sendeiro na que a velocidade é superior a os 50 Km/h, concretamente:
– No punto 295_CDF da 6ª etapa, a velocidade regulada na estrada nun tramo de máis de 100 m. é de 70 Km/h.
O tramo son exactamente 125 metros con beirarúa de 1 metro de ancho e boa visibilidade.
Art. 5.1 f) “Evitar zonas perigosas o de risco”. Se ten constancia por partes de accidentes na FGM de algúns rescates de persoas produto de accidentes por caídas a distinto nivel. Se se mantén o trazado polas inmediacións de zonas de risco, debería informar das medidas preventivas necesarias para evitar eses riscos (non serve só coa información as persoas).
Art. 5.1 g) “Evitar o paso por “zonas fráxiles” (zonas de nidificación de aves e cría doutros animais aos que lles poida influír a presenza de persoas; zonas onde existan especies animais ou vexetais en risco de desaparición ou alteración, etc.)”. Atravesa zonas ZEPA moi fráxiles con algunhas especies en perigo de extinción (Arao común)
Na revisión da normativa actual do ano 2018, se engaden limitación aos tramos de pistas agrícolas e forestais. Por outra banda, nas primeiras conversacións para tratar do proceso de homologación deste itinerario, se fixo un pequeno estudo dos tramos de asfalto cuxo resultado: “informe asfalto.docs” achegamos. Comparando aqueles tracks cos aportados, non vemos diminución de tramos nin da porcentaxe de asfalto, polo que soamente este aspecto impide a continuidade do proceso de homologación. Se facemos o mesmo traballo coas pistas forestais e agrícolas, tal vez se incrementen os aspectos negativos para acadar a homologación.
CONCLUSIÓN
Do análise do material aportado, consideramos moi difícil poder levar adiante a tramitación dun posible EDS como o que se perfila na documentación polos seguintes aspectos:
• Exceso de tramos de asfalto baixo o criterio da normativa actual observados polas fotografías aportadas, sin que se presenten propostas de modificacións deses tramos. No caso concreto da estrada que vai dende o faro do Roncudo ao porto de Corme, a única proposta pasa por indicar que se solicitará ao concello a construción dunha senda peonil no borde da estrada.
O informe de asfalto feito pola Federación no seu momento precisa de actualización. Achegamos informe do 2019, onde se reduce considerablemente os metros de asfalto (do 17% ao 10%)
Estudo da FGM –
Estudo da Asociación – Dividimos os 200 km nos 268 tramos de terrenos distintos e nos da un 10% de asfalto non urbán, dentro da norma, e non un 17%. Á gráfica adxuntamos mapa cos 268 tramos e lonxitude de cada un deles.
Mapa: https://drive.google.com/open?id=1ORZgQeyOOkPBovYEtYWp31uDRc1Gnc8s&usp=sharing
Los tipos de terrenos considerados son:
- Sendero estrecho
- Sendero ancho
- Zahorra (senderos anchos de tierra)
- Pasarelas de Madera, sin duda los tramos más peligrosos del camino
- Arena
- Losa de Piedra de los paseos marítimos
- Asfalto Urbán
- Asfalto Non Urbán
Si A Costa da Morte no puede tener un sendero de Gran Recorrido GR por el porcentaje de asfalto, que me digan en que otro tramo de costa en España o en Europa se puede.
Venimos de dar la vuelta a Menorca haciendo el GR-223 Camí de Cavalls y los porcentajes de asfalto son enormes, existiendo tramos largos y peligrosísimos de carretera sin arcén. Los pocos tramos de asfalto no urbano del Camiño dos Faros son por carreteras muy secundarias donde la densidad de tráfico no llega a 1 coche a la hora.
• As pistas forestais, agrícolas, paseos de macadán ou de servicio para os parques eólicos son plataformas que non poden superar unha porcentaxe superior ao 30% por percorrido total do itinerario proposto.
Pouca pista dese tipo hai no Camiño dos Faros. Hay 4 km (2%) de pistas forestais de terra (San Adrián, Punta Buitra y Touriñán)
• Unha grande parte do itinerario proposto, discorre por zonas con distintos grados de protección e non se aporta siquera un documento que acredite a solicitude de paso por esas zonas a os organismos competentes.
Unha vez temos o track definitivo no EDS podemos finalizar e entregar a Evaluación de Impacto Medioambiental Simplificada, que é o que nos solicitou a Consellería de Medio Ambiente no seu momento, e que será entregado este mes. Un análise ambiental que levamos feito e desenrolando dende o principio do proxecto en total comunicación coa consellería.
Mentres o track do EDS non estaba completamente definido, nós non podíamos entregar este informe. E decir, presentarlle ao mesmo tempo a autorización de Medio Ambiente á Federación de Montañismo e a autorización da Federación de Montañismo co EDS a Medioambiente é imposible.
O Arao común está oficialmente desaparecido dende o Prestige, que acabou coas poucas parellas que había en Vilán.
• Ademais se ten constancia de accidentes pola prensa escrita con intervención de servicios de rescate:
• 26-04-17 “Una mujer de nacionalidad suiza fue rescatada ayer por un helicóptero Helimer de Salvamento Marítimo en Corme después de sufrir un accidente mientras realizaba un tramo del Camiño dos Faros en una zona muy escarpada y de difícil acceso”.
Tiña unha muñeca dislocada e con dor e un seguro bó. Tiña moitas opcións de escapatoria que lle explicaron os servicios de emerxencia. Pero ela prefiriu o helicoptero.
• “Según informa el diario La Voz de Galicia, en esta zona del Camiño dos Faros se produjo un accidente similar en el 2016”.
Sí, foi no mesmo sitio. Un sitio de difícil acceso coma o de decenas de GR nas montañas, picos, etc, mellorable coa homologación e as escapatorias deseñadas.
• E na F.G.M. temos partes de accidentes de federados en este itinerario e que no teñen saído nos periódicos.
Como en calqueira ruta que camiña xente. ¿Tedes estadísticas de accidentes no Camiño dos Faros comparado con outras rutas?. Gustarianos coñecelas para poder comparar. Nós, os datos que temos indican todo o contrario.
- 8 edicións, aproximadamente 3000 personas
- 3000 persoas x 200 kilómetros = 600.000 kilómetros
- 1 esguince de nocello e 1 esguince de xeonllo
De todas maneiras, o noso obxetivo é que ese federado da F.G.M. que, polo que se ve, fai O Camiño dos Faros, poida facelo coa maior seguridade. Por iso queremos homologar a ruta. E non, non fai falla ningunha intervención, o único que fai falla é limpeza e sinalización.
En toda a documentación achegada, non hai ningún documento que indique a titularidade dos camiños e sendas utilizados en todo itinerario. Temos constancia por mapas catastrais que moitas partes do itinerario atravesan fincas de titularidade privada e non hai constancia da autorización de paso.
Todas esas fincas (que están perfectamente localizadas e sobre as que non tivemos ningún problema ata o dia de hoxe) estase encima delas e cos concellos pra ir conseguindo os permisos ou servidumes de paso.
Ao igual que o informe medioambiental, nós non podemos ter as solucións finais das fincas mentras non temos o track definitivo do EDS.
Alberto Canle, na reunión do 2016, indicounos que se podía entregar «unha vez rematado o documento, incluso sen ter todos os treitos ultimados (por exemplo, caso dos que haxa que obter a preceptiva autorización ou indicación de Medio Ambiente, etc.).
En caso de modificacións posteriores, simplemente sería preciso presentar un ANEXO expoñendo as modificacións, fotos, etc. e achegarlles o correspondente arquivo electrónico co track modificado.»
Imos supoñer que nós toleamos pra conseguir o permiso de paso de todas esas minifincas (non productivas, algunhas con donos desaparecidos ou que non saben que as teñen e outras con máis donos que metros cadrados, a metade deles en Sudamérica), e despois a Federación nos di que O Camiño dos Faros non é homologable porque ten un 10,01% de asfalto.
A continuación, coa información aportada se pode facer un exercicio teórico.
1. Supoñamos que aceptamos un EDS con indicacións ficticias sobre as porcentaxes de asfalto, de xeito que cumpra coa normativa actual.
2. Supoñamos que aceptamos un EDS con indicacións ficticias sobre as porcentaxes de pistas agrícolas, forestais e de servicio de xeito que cumpra coa normativa actual.
3. Supoñamos que aceptamos un EDS con indicacións ficticias de ter tramitados permisos de paso por zonas protexidas.
4. Supoñamos que aceptamos un EDS con proxectos de intervención en zonas con riscos potenciais de accidentes.
5. Supoñamos que aceptamos un EDS con indicacións ficticias de ter tramitados permisos de paso por camiños e fincas de titularidade privada ou se manifesta no EDS que os camiños polos que discorre o itinerario son de titularidade pública.
O paso seguinte sería indicar ao promotor as taxas a pagar á F.G.M. y de seguido lle facilitaríamos o número do sendeiro.
Comezan as obras o tema do asfalto non se corrixe; as pistas forestais e agrícolas, quedan como están porque non son de asfalto; a velocidade excesiva nun punto da ruta; non hai permisos para transitar por zonas protexidas; non se instalan proteccións en zonas de perigos potencias e obxectivos; e coa consolidación do itinerario, onde había unha finca, agora está cortada en dúas por unha senda por compactación e o dono instala arames de espiño no contorno da súa propiedade. O Técnico lle pasa aviso á Federación de que xa está listo e cando se pasa a visita de inspección, nos atopamos que a grande parte dos problemas previstos non se solucionaron como era menester, ¿Qué ocorre?, que a FGM non da o visto e prace ao itinerario e non pasa a homologación, e convida ao promotor a que corrixa as deficiencias atopadas. O promotor non fai caso da advertencia e a FGM non ten mais remedio que advertir ao promotor de que está na obriga de retirar os sinais e toda aquela información e logos relativos á Federación Galega de Montañismo; o promotor fai caso omiso as indicacións federativas e mantén os sinais; ¿Qué ocorre?, que o promotor xa ten un sendeiro GR, sin homologar por suposto, pero pode facer toda a publicidade do mundo sobre o seu “camiño” porque lle trae sen coidado o tema homologación. ¿É esta unha situación desexable, por parte da Federación Galega de Montañismo?, evidentemente non pero un itinerario con tantas deficiencias e tan poucas propostas de correccións, no pode rematar ben.
Xa existe a experiencia do “GR 55 Camiño de Santo André” de recente creación, no que o EDS difería moito da realidade do sendeiro, e polo tanto non foi homologado. De aí que agora engadírase na nova normativa o artigo 6.6 “Se na revisión do percorrido por parte do Técnico Inspector, compróbase que o EDS presentado non cumpre co esixido no artigo 5.1, será invalidado o EDS. Como consecuencia, retirarase o número provisional, e o Promotor e o Técnico de Sendeiros asinantes do EDS estarán obrigados a retirar do percorrido as marcas rexistradas pola FEDME”.
Esto está todo respondido de antes. Tivéchedes unha mala experiencia co Camiño de Santo André e agora vos cruzáchedes con este, que cumple ao 99,9% cun GR (de seguro que cumple máis que a metade dos que están homologados). E así estamos.
Os clubes máis importantes pertencentes á Federación Galega de Montañismo fixeron os 200 kilómetros desta esta ruta e voltaron para casa encantados, definíndoa como das mellores e nunca recibimos ningunha queixa de seguridade. Esto din o Clube de Montañeiros Celtas: «Todos coñeciamos as espectaculares paisaxes e moitas rutas polos acantilados e praias da Costa da Morte. Pero ata que os trasnos xuntaron as existentes, abriron novas e marcaron os 200 km de pateo pola beira do mar, desde Malpica de Bergantiños ata a fin do mundo, que nós chamamos Fisterra, non nos imaxinabamos que podía existir unha ruta tan completa e espectacular.«
Non é fácil pechar un proxecto que incumbe a 3 administracións (Concello, Diputación, Xunta), unha federación de montañismo, Medio Ambiente, Costas, Portos do Estado, Autoridad Portuaria e algún máis que nos olvidamos. Nós non deseñamos este sistema, nós inventamos unha ruta, enchémola de sendeiristas de todo o mundo e démoslle vida a unha comarca que lle fai moita falla.
E agora creo que, con moitísimo curro, chegamos a este punto onde O Camiño dos Faros cumpre con todo e merece un GR.
Non precisamos que sexa GR para a promoción, a promoción hai tempo que vai a anos luz por diante do resto. Queremos un GR para poder ter un sinxelo protocolo de mantemento e unha sinalización que redunde en seguridade e unha mellor experiencia dos camiñantes.
Ademais de iso, e coas advertencias comunicadas, en caso de facer caso omiso a normativa e o manual en vigor, poderíase aplicar o Art. 25.- Do réxime sancionador dos Técnicos de Sendeiros, da Normativa de Homologación de Sendeiros 2018.
Estimado Técnico de Senderos, este EDS non se pode aceptar sen buscar solucións realistas e acreditables aos numerosos problemas que presenta este itinerario.
Cordialmente,
Raúl Leiros
Vogal de Sendeiros F.G.M
Aquí parece que xa empezamos a entender cousas: a renuncia incomprensible do técnico de sendeiros que depende da Federación e a presentación do track sen as melloras dos últimos 2 años que nos deixa sen marxe de maniobra para rematar o proxecto dentro dos prazos dados pola Deputación.