Morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros)

Descrición

É o máis pequeno do seu xénero. As femias adoitan ser maiores que os machos, e poden alcanzar unha envergadura de 220 mm coas ás abertas. O corpo, xunto coa cabeza, pode medir uns 60 mm. O pelo que envolve o corpo é de cor cinza tanto na zona dorsal como central, aínda que esta pode ser un pouco máis clara. Poden chegar a vivir máis de 21 anos.Ten orellas grandes e unha protuberancia nasal estreita en forma de ferradura de cabalo. O pataxio, a membrana que lle permite voar, está unida inferiormente ao nocello. A cor desta membrana e a das orellas é sempre máis escura que o pelo do dorso.Cando está en repouso ou en hibernación envólvese completamente no pataxio.

Reprodución

Unha vez chegados á madurez sexual, os apareamentos suceden ao longo do outono e incluso en inverno. A xestación do novo individuo coincide co inicio da primavera e os nacementos teñen lugar nas primeiras semanas do verán. O desenvolvemento das crías é moi rápido, pois comezan a voar a partir dos 15-20 días de idade.

Conforman colonias integradas na súa maioría por femias e algúns machos. As femias presentan dúas mamas pectorais coas que aleitan a súa cría mentres permanecen colgadas nos seus lugares de repouso.

Hábitat

Sente predilección polas covas e cavernas naturais, aínda que tamén pode utilizar edificacións e minas. É máis abundante en zonas con matogueiras asociadas a pequenas masas forestais, case sempre ligadas a cursos de auga.

Alimentación

Cazan mediante ultrasóns mentres voan. As súas presas máis habituais son dípteros, neurópteros e lepidópteros.

Distribución

Case todas as poboacións están circunscritas ao suroeste da provincia de Ourense, zonas limítrofes da provincia da Coruña e algunhas poboacións residuais no sur da provincia da Coruña.

Estado de conservación

Moi sensible ás alteracións nas súas zonas de refuxio ou cría, como rehabilitacións de edificios, cerre de minas, etc. Tamén ás interaccións con outras especies que comparten zonas de cría. A desaparición de presas potenciais a causa de deforestacións agresivas e a desecamentos de certos cursos de auga tamén parecen afectar aos efectivos das nosas poboacións residentes.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Morcego pequeno de ferradura
Nome científico Rhinolophus hipposideros
Clase Mamíferos Familia Rhinolophidae

Un paisaje en cada paso