Descrición
Gasterópodo terrestre atractivamente apencado de branco ou amarelo. Presenta dous morfos en canto á súa coloración, un azul agrisado con pintado branco e outro castaño con pintado amarelo.
Reprodución
Especie que alcanza a madurez sexual arredor dos dous anos de idade.
Alimentación
Aliméntase dunha ampla variedade de algas, liques, brións e fungos. En outono e primavera aliméntase basicamente de cogomelos, mentres que o resto do ano de liques.
Hábitat
Especie que prefire os solos de natureza ácida. En Galicia é unha especie non antropófila e moi frecuente en zonas de montaña. Aparece en soutos de castiñeiros e carballeiras. Vive nas fendas das rochas, baixo a codia de vellos castiñeiros, afastada da superficie. Prefire os sitios moi húmidos, como croios con abundantes liques ou hepáticas, sobre troncos de caducifolias cubertos de liques, etc.
Distribución
Noroeste da península Ibérica, en Galicia, norte de Portugal e Asturias; probablemente chegue ata Navarra.
Estado de conservación
A principal ameaza é a destrución dos bosques autóctonos en que vive (repoboacións forestais principalmente). A tendencia xeral poboacional, moi local, é cara á diminución en toda a súa área de distribución. Especie abundante na área lusitánica. Debido ao seu comportamento nocturno é moi difícil detectar a especie, o que en moitos casos dá unha idea errónea da súa abundancia.
A súa conservación pasa pola realización de estudos sobre a súa bioloxía, a súa distribución e estado das poboacións, así como por unha adecuada xestión do bosque. A especie críase ben en catividade, co que poderían realizarse reintroducións.
Categoría de conservación
Vulnerábel.
Nome común Lesma
Nome científico Geomalacus maculosus
Clase Moluscos Familia Arionidae