TRASKIAVENTURA NA COSTA DA MORTE
O sábado 21 de Abril en Camelle comezamos o I Camiño dos Faros Infantil, no que un pequeno grupo de nenos de 6 a 12 anos acompañados de seus pais e nais van facendo con nós anacos do Camiño dos Faros cheo de maxia e aventuras.
Este proxecto é unha evolución do de Traski en Primaria que estase aplicando en varios colexios con moi bos resultados.
Capitulo 1 – Traski no mundo das Grandes Pedras
O sábado 21 de Abril comezamos en Camelle este I Camiño dos Faros Infantil. En total, 38 nenos e 42 ...
Capítulo 2: Traski no Faro Máxico
Despois da experiencia da primeira etapa, o sábado 5 de Maio en Camariñas continuamos este I Camiño dos Faros Infantil, ...
Capítulo 3: Traski coa Noiva do Vento
O sábado 19 de maio un grupiño de trasniños e os seus trasnos proxenitores saían da aldea dos Muíños para ...
Capítulo 4: Traski voando ata o Solpor
O sábado 2 de Xuño continuaremos este I Camiño dos Faros Infantil en Lires e Nemiña, no que un pequeno ...
Capitulo 1 – Traski no mundo das Grandes Pedras
Capítulo 2: Traski no Faro Máxico
Capítulo 3: Traski coa Noiva do Vento
Capítulo 4: Traski voando ata o Solpor
Obxetivo da actividade
“Dime e esquézoo. Ensíname e lémbroo. Involúcrame e apréndoo.” Así se refería Benjamín Franklin ao proceso de ensino-aprendizaxe.
O obxectivo da actividade non dista nada do que o autor pretendía coa súa famosa frase. Queremos que os nenos perciban a súa realidade cotiá, que coñezan a historia da súa terra, que sintan seu cada recuncho, neste caso, deste tramo da Costa da Morte.
A exposición de datos de forma oral e o visionado en pantalla de imaxes son un bo apoio para calquera tarefa que implique aprender, pero vivilo in situ e en directo, a través da maxia da súa natureza pétrea, forestal e brava e da fantasía guiada polo trasno Traski, fan deste tipo de experiencias un bo método de adquisición de xeografía, sociedade e cultura do lugar.
Ademais dos coñecementos académicos dos que os nenos se empapan, aprenden a gozar da súa contorna observando detalles, matices, situacións nos que ata agora quizais non repararían.
O feito de facelo a través da fantasía e cun obxectivo colectivo achégalles capacidade de traballo en equipo e habilidades sociais para relacionarse cos demais iguais.
Non só gañan novas amizades e aprenden a gozar delas, tamén gañan proximidade coas súas familias, ao ser os pais un apoio necesario na resolución das probas.
Non só os nenos saen gañando coa actividade. Os adultos aprenden a sacar fose ese neno que adoita estar escondido nalgún lugar e que na vida diaria non adoita saír. Coñecen máis aos seus fillos ao participar activamente con eles. Interaccionan con outros nenos e adultos. Perden o sentido do ridículo, ao que estamos tan malacostumbrados.