Camiño dos Faros Infantil: Etapa 3 – Música en Dombate & Traskiaventura no Faro de Laxe

Esta terceira etapa do Camiño dos Faros Infantil está dividida en dúas actividades. unha primeira musical en Dombate ás 4 da tarde  para a que fai falla inscripción (límite: 30 nenos de 6-12 anos) e unha ruta en Laxe ás 6:30 da tarde con participación libre.

16:00 EN DOLMEN DE DOMBATE – INTRODUCCION AOS INSTRUMENTOS DE CORDA (CON SEMENTEIRA)  – PARTICIPACION PECHADA

Por unha parte, ás 16:00 teremos en Dombate unha actividade moi especial, co grupo Sementeira e a colaboración da Traskiband. 

Unha actividade destinada a expoñer aos cativos e cativas ao mundo do violín e dos instrumentos da súa familia. Un grupo de  instrumentistas de corda amosará aos rapaces os principios básicos dos instrumentos de arco e os invitarán a participar con eles nunha sorte de orquestra improvisada que interpretará coñecidas melodías do repertorio galego e céltico. Tras unha breve introducción práctica de cómo coller os instrumentos, os asistentes reproducirán células rítmicas e bases harmónicas coas que acompañarán aos músicos creando un fermoso conxunto musical.

Unha experiencia única á que non é doado acceder e que servirá de estímulo para que os cativos esperten o interés cara a uns instrumentos que no seu imaxín están somente no afastado mundo da música clásica orquestral, coa que dificilmente se cruzarán na súa etapa escolar.

Para esta actividade aportaremos perto de 30 instrumentos de todos os tamaños, adaptados a nenos e nenas dende 5 anos. Tamén é unha actividade ideal para que participen xunto a eles os seus mestres ou familiares.

Para esta actividad temos cerrada a inscripción

18:30 RUTA PRAZA DE LAXE-FARO DE LAXE-PRAZA DE LAXE

Despois, baixaremos a Laxe cada un nos seus vehículo e, a partir das 18:30 faremos unha ruta circular dende a Praza de Laxe que nos acercará ata o Faro. 

  • Tramo: Praza de Laxe – Faro de Laxe – Furna da Espuma – Praia dos Cristais – Praza de Laxe 
  • Kilómetros: 4 Km (circular)
  • Tempo aproximado: 2 horas 30 min
  • Dificultade: Media
  • A Asociación non se fai responsable da actividade que debe ser autoguiada polos maiores da familia, que serán ademáis o que leven o ritmo do xogo. Nengún membro da asociación estará guiando a ruta.

HORA DE COMEZO: ÁS 18:30 NA PRAZA DE LAXE

Ás 18:30 horas tedes que estar na Praza Ramón Juega de Laxe  (Punto 0) onde cada neno recibirá o seu TRASKIPASAPORTE. A partir de ahí, tedes que facervos unha foto e iniciar o xogo pola vosa conta seguindo as diferentes probas. Neste caso non haberá audios.

A mecánica é sinxela, nos PANEIS teredes as PISTAS para chegar a o seguinte PUNTO onde tedes unha PROBA, que tedes que resolver . Recorda, primeiro resolver a proba e despois lee a pista que vos levará ao seguinte punto.  

Cada PROBA ten unha solución que cada trasniño ten que ir escribindo no seu TRASKIPASAPORTE.

Ademáis, en cada unha das probas podes atopar unha letra e con todas as letras formar o TRASKIENIGMA, que é o que debes entregar no local de final de etapa para poder canxear polo PREMIO.

CARACTERISTICAS DO CAMIÑO DOS FAROS INFANTIL  2019
(PARA NEN@S DE 6 A 12 ANOS)
PARTICIPACION LIBRE E AUTOGUIADA POLOS PAIS

O obxetivo deste Camiño dos Faros Infantil 2019 é deseñar e ir buscando o mellor modelo para que exista un xogo permanente no Camiño que o poida poda facer calqueira familia en calqueira momento, e non dependa de ninguén.

A Asociación O Camiño dos Faros non dispón de voluntarios coa titulación suficiente para guiar unha actividade con nenos, polo que deben ser os pais os encargados e responsables deles.

A Asociación non se fai responsable da actividade que debe ser autoguiada polos maiores da familia, que serán ademáis o que leven o ritmo do xogo apoiados nas probas. Nengún membro da asociación estará guiando a ruta.

A Asociación únicamente se fai  responsable de ter un xogo no camiño para que, os que queirades, poidades vir facelo os sábados pola tarde. 

No se han encontrado entradas.

E SE DESPOIS QUERES  QUEDAR EN LAXE… 

SÍGUENOS NO FACEBOOK

 

Un paisaje en cada paso