Asamblea Xeral 2021 & Alta Socios 2022

Antes de nada, dende a directiva da Asociación O Camiño dos Faros desexamos que ti e todos teus seres queridos esteades ben e teñades pasado da mellor maneira posible estes dous últimos anos que ninguén imaxinou íamos vivir. Coma sempre, nestas datas do Nadal, temos dous procesos importantes: a Asamblea Xeral 2021 e a alta ou renovación de socios para o 2022.

ALTA / RENOVACION SOCIOS 2022

O 21 de Decembro do 2013 nace a Asociación O Camiño dos Faros cun único fin: que O Camiño dos Faros exista e perviva no tempo, tal como o deseñaron os trasnos e o faga moita xente co máximo respeto á natureza.

Para iso contamos con todos vós. Se cada un achegamos un pouco do que sabemos facer podemos chegar a algo moi grande e, á vez, respetuoso con este tesouro que temos.

Lembrámosvos que o prazo de alta ou renovación de socios soamente estará aberto do 3 ao 18 de decembro do 2021.

ASAMBLEA XERAL 2021

Coma todos os anos por estas datas é o momento de facer o balance anual do proxecto O Camiño dos Faros na Asemblea Xeral 2021.

Data: 18/12/2021 ás 16:00 en primeira convocatoria e 16:30 en segunda convocatoria.
Lugar: Online na plataforma Zoom (enviaremos o link unha semana antes aos socios do 2021 que son os que teñen dereito a participar)
Orde do día:
1 – Lectura e aprobación dá acta anterior
2 – Situación actual do proxecto
3 – Presentación e aprobación dás actividades e actuacions realizadas durante ou 2021
4 – Examinar e aprobar as contas dende 19 decembro 2020 ata 30 novembro 2021
5 – Presentación e aprobación do plan de actividades 2022
6 – Propostas e aprobación orzamentaria para ou 2022
7 – Rogos e preguntas

Exposición de temas: Na asemblea hai un apartado de rogos e preguntas onde todos os socios poden expoñer calquera tema. De todas as maneiras, se queredes que tratemos algún tema en especial, pedímosvos que nolo indiquedes con anterioridade para así poder preparalo mellor.