Proxecto dos nenos de Cambre

O Camiño dos Faros é un proxecto de 1º da ESO do IES Afonso X o Sabio de Cambre.

É un traballo en grupo e consta de varias partes: a maqueta do faro que lles toca, unha guía turística da zona (en papel) e remataremos facendo un anaco da ruta a última semana de curso.

Cada grupo está formado por tres persoas e cada unha ten unha etapa, son 8 grupos por aula. Parten da vosa páxina e teñen que tratar uns puntos mínimos que eu lles dei, despois engaden o que consideren importante, o que lles chame a atención ou o que queiran.

A maqueta ten que ser maioritariamente feita con material reciclado (por exemplo o faro de Touriñán é das Pringles). Teñen de prazo até o 31 de maio. Por agora só temos dúas maquetas, esta entregáronma hoxe e é espectacular!

Convidámosvos a vir ao centro ver a exposición no mes de xuño se vos apetece.

#estononsepara #trasniñosmolons #traskinspiracions