A pesar de la gran cantidad de chaparrones que caían a primera hora, 302 trasnos se dieron cita para realizar esta cuarta etapa de O Camiño dos Faros que transcurrió entre Laxe y Arou.
Pero fue salir los trasnos de Laxe y el tiempo comenzó a cambiar, quedándose un día perfecto para caminar por este hermoso tramo de A Costa da Morte.
Día: 12/10/2014
Número de trasnos: 302
Pre-etapa:
- La pre-etapa se realizó en Camelle.
- O CAMIÑO DOS ERBEDOS – Dende a praia de Camelle parte un curto e fermoso camiño que nos acerca a Camelle de Arriba: o camiño dos Erbedos.
- A ANTIGA FÁBRICA DE SALAZON – A orixe do actual Camelle é no lugar de Sabadelle, antigo porto baleeiro que visitaremos o domingo na etapa. Máis tarde, chegarían os fomentadores cataláns que, coas súas fábricas de salazóns, déronlle un pulo a esta comarca, permitindo conservar de mellor maneira o peixe e mellorando a súa comercialización. As 5:45 na antiga fábrica de salazón, Bernardino Martínez, autor da Ruta dos Naufraxios, nos dará unha interesante charla sobre a historia de Camelle e algún dos naufragios que houbo nesta costa: O patache Antón, o Natalia, o Yeoman e o Boris Sheboldaev que, en 1934, provocou a primeira marea negra na Costa da Morte.
- O MUSEO DE MAN – Manfred Gnädinger chegou un día a Camelle como chegan os trasnos, recorrendo o espectacular tramo de rocas desde Traba. Sendo así, non nos extraña nada que se quedase para sempre, creando un museo de pedras único. Ás 6:30 nos restos do Museo de Man, Marina Ramos, membro da Fundación MAN, daranos unha pequena charla sobre este alemán que non deixa indiferente a ninguén.
- O OUTRO CEMENTERIO DOS INGRESES: O CITY OF AGRA
Como todos sabedes, en Punta Boi tivo lugar un dos principais naufragios desta costa: 172 marinos do Serpent (1890) e outros do Iris Hull (1883) están soterrados no Cementerio dos Ingreses. Pero o que poucos de vós sabedes e que en Camelle existe outro cementerio de ingreses, totalmente abandonado: o cemiterio do City of Agra, que naufragou nas pedras de A Negra en 1897. O historiador Rafael Lema descubriuno este mesmo ano, e será o mesmo Rafael nese mesmo lugar o que nos fale deste achado ás 7:15 da tarde. - MIRADOR DA PERGOLIÑA – Dende o Mirador da Pergoliña, ás 8:00 da tarde, veremos o anoitecer sobre Camelle.
- FIN DE FESTA NO BAR A MOLINERA – A partir das 9 da noite no Bar A Molinera, reunirémonos os trasnos coas xentes de Camelle pra celebrar a liberación de Traski, con pinchos a fartar e a actuación da Traskiband