Michel Antelo

Michel Antelo, además de un excelente corredor, lleva muchos años realizando actividades en A Costa da Morte: ” Quero agradecervos que nacérades hai xa un tempiño, pois chegou convosco un novo frescor a nosa Costa, ata o punto de darnos a coñecer (cando menos a min) zonas, ata entón, parvamente descoñecidas.

Quero tamén louvar esa mestura de realidade e ficción que proxecta toda cousa que facedes. Ademais, estimados trasnos verdes, sei da mentira do voso nome, e acéptoa de moi bo grado, xa que de pequenos non tedes nada, pois sodes moi grandes. Tan grandes como para remover conciencias e avogar pola solidariedade; tan grandes como mil campañas do Sergas e mais de Turismo (e mil veces máis baratas) e tan grandes como para marabillar a un tropel de xente (xa convertida en trasno) collidos da man do deporte e da natureza.”