O fin de semán do 11 ao 13 os trasnos fumos ao VI Encontro do Monte Pindo, onde a asociación ACDR Pedramar tiña preparadas un montón de actividades arredor deste mítico macizo.
Aínda que non se atopa dentro do Camiño dos Faros porque dende o principio consideramos que a nosa ruta tiña que rematar en Fisterra, pra os trasnos o Olimpo Celta é un lugar máxico. E que mellor día pra visitalo que aproveitando este encontro.
O encontro ademáis comezou o venres 11 cunha proxección do video presentación do Camiño dos Faros e unha subida nocturna á Moa cunha acampada á noite.