Voluntari@s Camiño dos Faros

<<9ª Edición O Camiño dos Faros (2019)Pliego de Descargo 9ª Edición (Menores de Edad)>>

Benvid@s á páxina de voluntari@s do Camiño dos Faros.

6 anos despois de sair de Malpica e 5 anos despois de creada a Asociación O Camiño dos Faros, chegou o momento de darlle un empurrón máis ao proxecto. E, para eso, queremos implicarte a ti tamén. Se levas tempo querendo sumarte, non o penses e faite voluntario.

Precisamos que xente coma ti, con novos folgos e ideas, entre a formar parte desta aventura. Moita xente facendo cousas pequenas levará este camiño a ser moi grande.

O fin principal da asociación é, dende o primeiro minuto, que O Camiño dos Faros exista e o faga moita xente co máximo respeto a natureza. Os outros fines complentarios a este principal son:

  • Promocionar esta ruta en todos os ámbitos e a todos os niveis coma un destino de natureza, sostible e responsable.
  • Concienciar e defender este tramo da Costa da Morte para que sempre estea libre de calqueira especulación e que nós e as xeracións futuras o desfruten tal e como está agora
  • Inspirar, fomentar e apoiar calqueira iniciativa tanto pública como empresarial que cumpra o fin principal da asociación
  • Facelo todo cunha filosofía de baixo coste, máxima eficiencia e máxima transparencia.

 Se crees que podes aportar o que sabes e o que podes, por pouco que sexa, esperámoste. Todos sodes imprescindibles.

Alta de Voluntarios

Para darte de alta como voluntario na Asociación O Camiño dos Faros, enche este formulario ...
Leer Más

Estos son algunos de los trabajos que estamos desarrollando:

VOLUNTARIADO EDICION
Na 9ª Edición (Primaveira 2019) todo o voluntariado debería ser novo dando o relevo a eses trasnos que levan moitas edicións as súas costas. Charlas nos buses, presencia na ruta e nos cruces, apertura e peche da ruta, coches de seguridade, etc. Todo vai executado baixo un protocolo que levamos mellorando todos estos anos.

XESTION ASOCIACION
Un dos obxetivos é facer o proxecto o máis responsable posible coa comarca. Para elo precisamos xente con experiencia na administración e na xestión de asociacións, traballo cooperativo, cooperativas sociais, etc, que nos axude a convertir en realidade todas as ideas que temos.

EXPLORADORES DE RUTA
Mantemento de Ruta. Desbroces. Traballos de homologación e sinalización
Desenrolo, mantemento e divulgación das mellores prácticas de sostenibilidade no sendeiro

CONSERVACION DA NATUREZA
Precisamos xente formada para axudarnos no departamento de Conservación
– Análisis continuo de Impacto Ambiental do sendeiro.
– Formación e Divulgación Medioambiental
– Protocolos de boas prácticas

MARKETING & COMUNICACIONS
– COMUNICACION WEB
Precisamos xente con coñecementos altos de WordPress e de Woocommerce
Precisamos xente con coñecementos altos de Tecnoloxía GIS
– COMUNICACION VISUAL Producción audiovisual propia de contidos do CdF
Se tes coñecemento en calqueira apartado dunha producción audiovisual e queres axudarnos, seras benvid@. Producción, grabación, montaxe… temos moitos proxectos que facer e ideas que plasmar en imaxe.
– CONTIDOS
Este camiño xenera contido todos os días. Se queres axudarnos a redactalos e publicalos, marca este check.
– TRADUCIONS
Traductores de alemán, francés e italiano

COÑECEMENTO TURÍSTICO (SOSTIBLE E RESPONSABLE)
– TURISMO SOSTIBLE Búsqueda da sostenibilidade ambiental e conservación da ruta
– TURISMO RESPONSABLE Búsqueda da responsabilidade social no proxecto
Deseño de experiencias de turismo responsable
Formación

PROXECTOS OBJETIVOS
– CREACIÓN DE EMPREGO Xente con experiencia que nos axude a crear traballos no CdF
– EDUCACION INFANTIL Axuda no deseño dos programas e edicións infantís
– ENVELLECEMENTO ACTIVO Publicacións envellecementoactivo, sendeirismo e CdF. Edición +60 do Camiño dos Faros
– INCLUSION SOCIAL Creemos que o CdF ten un gran potencial para a inclusión, e precisamos xente capacitada para seguir explorando neste camiño.
– SAUDE Explorar as diferentes diferentes bondades do CdF para a saúde física e mental

COÑECEMENTO
Somos unha asociación xoven pero con moitas gañas de facer cousas e, sobre todo, de aprender. Se crees que tes algo que nos debes ensinar, por favor, non te cortes. Explícanos cal é a túa idea e coméntanos todo o que creas oportuno.