CDF 2014 LA-33

¿Qué dicen de O Camiño dos Faros?

<<O Camiño dos Faros InclusivoEl Futuro de O Camiño dos Faros>>

En esta página os vamos a contar las sensaciones que produce este Camiño dos Faros a la gente que lo hace. Es una recopilación de textos que nos indica bien a las claras de lo que estamos hablando.

Si nos quieres contar tu experiencia, escríbenos en el Facebook o envía un mail a traskimail@gmail.com. Anímate!

Belén Vazquez estuvo realizando su trabajo fin de máster sobre el comportamiento del consumidor turístico a través de las redes sociales, y seleccionó O Camiño dos Faros para desarrollar el estudio de la investigación. Aquí tenéis los resultados.

cristina fernandez

Cristina Fernández, fareira de Vilán e unha das primeiras fareiras de España: “Dende o primeiro momento considerei que era algo moi moi especial. E sobre todo na esencia que querían transmitir, a esencia de unión dos faros, o Camiño dos Faros. A ilusión entre amigos, entre eles, e foron abrindo con tanta ilusión e promocionando de tal xeito a nosa costa que eles mesmo non son conscientes do que fixeron. Eu son unha trasna máis, fixeme socia da sua asociación e participo con eles en todo o que conleve o realce da nosa costa.

Cando chegan ao faro a mestura de distintas personas, dende maestros, médicos, amas de casa, estudiantes, xubilados é unha riqueza entre eles que intercambian moi interesante”

cesarmarcote

Julio César Marcote, director do Hostal de los Reyes Católicos:

“O Camiño dos Faros da Costa da Morte. Unha das iniciativas turísticas máis interesantes na nosa terra. Non deberían desaproveitar os concellos e as institucións turísticas este tirón popular para impulsar e cuidar esta fermosa ruta. Que alguén me diga que outras rutas costeiras ou de montaña poden ter este atractivo.

E non só pola beleza natural da propia costa e a paisaxe que atravesa, senon tamén pola lenda, o misticismo e a inmensa historia de naufraxios e outros sucesos que atesora. Non son eu de escribir ou opinar nestes foros, pero non poido, neste caso, deixar de apoiar ainda que sexa coa miña humilde opinión, o que eu entendo é unha grande iniciativa duns poucos que aman a Costa da Morte, e que é de xustiza remarcalo e apoialo.

Sempre digo que moitos dos recursos da nosa terra están desaproveitados, e iste é un dos principáis e ademáis un dos que máis nos distingue.

É a xente, como pasa neste caso, a que finalmente ven a defender e cuidar o noso patrimonio xa que é a herdanza que lle deixamos aos nosos fillos. Pero as institucións deben ser sensibles e saber ver o que é mellor para o noso futuro e priorizar as inversións no que é importante e prioritario para o adecuado desenvolvemento da nosa terra, polo ben de todos nós.

A Costa da Morte non ten este nome por un carácter despectivo ou un significado negativo, ben podería ser a da Vida, pero temos a sorte de que é aquí onde morre o Sol, e a terra do Solpor, de ahí o nome máis mítico e fermoso que pode ter a nosa Costa. Coidémola e amémola.

Graciñas Traski Costa da Morte e a todos os tranos pola vosa iniciativa e traballo. Vos si que protexedes o Noso. Noraboa.”

joseramonpais

José Ramón País es presidente de la Asociación de Senderismo Avanzadillas de A Coruña: “A mi entender estamos ante algo sublime, difícil de superar”

2014-07-24 161 copia

Michel Antelo, además de un excelente corredor, lleva muchos años realizando actividades en A Costa da Morte: ” Quero agradecervos que nacérades hai xa un tempiño, pois chegou convosco un novo frescor a nosa Costa, ata o punto de darnos a coñecer (cando menos a min) zonas, ata entón, parvamente descoñecidas.

Quero tamén louvar esa mestura de realidade e ficción que proxecta toda cousa que facedes. Ademais, estimados trasnos verdes, sei da mentira do voso nome, e acéptoa de moi bo grado, xa que de pequenos non tedes nada, pois sodes moi grandes. Tan grandes como para remover conciencias e avogar pola solidariedade; tan grandes como mil campañas do Sergas e mais de Turismo (e mil veces máis baratas) e tan grandes como para marabillar a un tropel de xente (xa convertida en trasno) collidos da man do deporte e da natureza.”

Inés di: “Na primeira etapa feita dinme conta de que era marabilloso descubrir sitios espectaculares a 30 km da casa, parecíame xenial a capacidade da organización por chegar a sitios recónditos e acondicionalos para que outros poidamos desfrutalos. Na segunda etapa dinme conta de que o realmente marabilloso é a capacidade que ten a ruta dos faros (isto é, mérito dos organizadores) de iniciar no sendeirismo a esa franxa de idade que nunca tivo oportunidade de disfrutar da natureza dese xeito, que non foi socializada a base de Decathlon, bebidas enerxéticas e “selfies” con praias de fondo… Ver na ruta dos faros ó paisano ca gorra de piensos Biona, a mochila da escola do seu neto, o chándal da clase de ximnasia do concello de hai 10 anos e cunha vara de camiñar “tallada” a base de fouciño é, para min, a maxia deste evento.”

alejandro

Alejandro di: “Ola. Fixen este espectacular camiño en solitario desde Malpica a Fisterra. Saín un día antes da saída do ultratrail e cheguei sete días máis tarde.
Só desexo dicirvos que fixechedes un traballo impresionante. Sinalizar o camiño (cada vez que atopaba as pegadas dos trasnos esbozaba un sorriso), o desbroce dos toxos, a información no voso blog…
Sodes estupendos, e para min, un paisano das Rias Baixas, foi todo un privilexio pasear polo voso paraíso, pola vosa costa, a Costa da Morte.
Debo dicir tamén que desde Malpica ata Fisterra, atopei con xente marabillosa. En moitos sitios, cando paraba para pasar a noite, dicir que facía o camiño dos faros, era garantía dunha boa acollida. Sen dúbida, o trato excepcional de todas estas persoas fixo desta aventura unha experiencia inolvidable.
E por suposto, moitísimas grazas a todos os trasnos que facedes esta maxia posible.”

susolista

Suso Lista, artista multidisciplinar da Costa da Morte: “O Camiño dos Faros non é unha ruta de turistas, é de persoas. Jracias a vós q poñedes en valor a verdadeira Costa da Morte… con dous fouciños…”

sentimento trasnosentimento trasno ii

Teresa Devesa no habla pero nos muestra con sus acuarelas todo el sentimiento trasno.

dolocaamaño

Dolo Caamaño dice: ” Dicen que la felicidad no es una estación a la que llegar, sino una forma de viajar… Yo ya he encontrado mi camino de felicidad: O Camiño dos Faros”

paisñoapasiño

A Asociación de Senderismo Pasiño a Pasiño dice: “Agradecemos aos trasnos o seu traballo para dar a coñecer o Camiño dos Faros.

Coa axuda das guías, a sinalización no camiño e a información de aloxamentos, restaurantes, etc, fai deste camiño unha viaxe doada de percorrer que impresiona ao camiñante en cada recuncho e esperta o desexo de seguir sen cansancio.”

majo

Majo dice: “Este camino es diferente. Consigue ke veas lugares ke no podrías ver, pisar senderos a los ke no podrías llegar. Cuando piensas ke el paso siguiente no te va a sorprender, aparece un rincón más bonito todavía… Es soledad, es silencio, provoca ke no te plantees hablar ni describirlo, por si se rompe la magia.
Kieres plasmar cada imagen para hacerla inolvidable pero ninguna se acerca a la realidad, simplemente hay ke estar en el, vivirlo, sufrirlo y entonces te apasiona y te envuelve, no kieres ke se acabe.
He vuelto a la ciudad y busco las flechas verdes, para ver si puedo llegar a el. Este es mi camino, sin duda, O Camiño dos Faros”

laurasuarez

Laura Suárez di: “Que ten o camiño? É precioso. Incrible. Coñezo a costa da morte. Prácticamente coñecía xa todos os faros pero coñecela así… tan a fondo e incrible…. subir ata botar os fígados e cando chegas arriba só con mirar a paisaxe sabes esta xa compensou o esforzo. Màis de unha vez, cando estas alto ves as duas caras do mar so con xirar a cabeza. Acantilados e praia. Polo que unha paisaxe en cada paso non. Màis de unha. Unha vez dixéronme uns turistas que Galicia é incrible porque en 30 km en coche ves playa,acantilados,monte etc… tedelo todo dixéronme cando noutros sitios é impensable.
Paréceme incrible todo o que vemos na ruta. 500 persoas casi este día pero non es consciente de que sexamos tantos. Hai moi bo ambiente. Sempre tes quen che saque unha foto en grupo ou quen che preste unha compeed ampollas. E eu a maiores teño o gran recordo de Muxía. Deixei olvidada a cámara e recupereina. Unha trasna rexolliuna e volviu a min. Ese día pasei de un estado a outro. Susto o faltarme a cámara. Cabreo o volver a onde a esquecera e que non estuvera alí, cabreo comigo por tonta. E unha alegría infinita o recuperala.
E incrible o traballo dos organizadores. Voluntarios e serviciales. Xa pola cuarta edición. Sei que é un traballo duro pero imaxino que vendo a resposta tan positiva que moitos mostramos debe compensar o traballo porque unha gran maioría da xente tamos moi agradecidos por esto. Un gran regalo.
Como vexo eu o camiño? Como vos o mostrades… único, incrible, inimitable d encima NOSO.
Moitas gracias por todo, Traski e compañía.”

cesareo pardal

Cesáreo Pardal, presidente da Federación Galega de Turismo Rural: ” La gran labor que está haciendo el grupo de TRASNOS, comandados por Traski Costa da Morte, no tiene precio. El sector turístico tenía que estar de enhorabuena por encontrar personas que tan desinteresadamente promocionen un destino como es A COSTA DA MORTE de esta forma. Deberían de volcarse hoteles, casas rurales, bares, concellos…

Allí estaremos apoyando esta gran iniciativa que deberá de ser respaldada por alguna administración pública, grupo de desarrollo local, asociación, federación, concello… a la hora de promocionar un destino.”

160701 Manul Rivas

Manuel Rivas (escritor y periodista)

– Outra das características da cosmoloxía da túa literatura é a presenza do mar. Que é para ti, que significa?

– Veño de facer gran parte do Camiño dos Faros. É apaixonante. Teño viaxado moito por esa zona, é un lugar de Galicia moi familiar para min. Pero esa posibilidade de descuberta, de ir camiñando pola liña do horizonte, xa que vas pola liña do litoral e do acantilado, realmente significou estar acompañado todo o tempo dese ser vivo que é o mar.

Para min é a gran metáfora da vida. O mar sempre está a comezar e recomezar. As mareas morren e rexorden de novo. O mar é o primeiro náufrago de si mesmo. Logo está o de que non cansemos de ver o mar porque, cando o ves, xa nunca máis o esqueces, convértese en parte de ti mesmo, méteseche dentro. E nunca cansamos de velo porque é o encontro do visible co invisible. Que mellor explicación da literatura que o propio mar.

joseportal

Jose Portal, experto senderista: “Hola, tres pies, tres amigos, tres traskis, que han disfrutado con, la lluvia, el sol, la niebla, las zarzas, el tojo, las panoramicas, el verde, los distintos colores de la naturaleza, el mar, la arena, las rocas, la comida, los vinitos, las gentes, los pueblos, la historia, las aguas frías, alguna ampolla que otra y como no sus faros.

Sus puntos, sus flechas, sus pies verdes, su dureza, su suavidad, su olor, de mar, de hierba, de bosque, de tierras estercoladas, de eucaliptos, de pinares, la vision de rios con sus aguas que dan tranquilidad, como no de carballeiras, etc, etc,,

Camino recomendable a todo aquel que una de sus casas sea la naturaleza, camino que aunque duro es llevadero, por que siempre querras disfrutar de la siguiente imajen, la siguiente panorámica, la siguiente foto que guardar en la camara y en tus retinas.

Camino que hay que hacer con pantalones largos o polainas, por que sino tambien te llevaras el recuerdo añadido de los pinchazos de los tojos y las rasgaduras de las SILVAS, zarzas, todo lo bello tiene si lo quieres alcanzar, algo duro, algo dificil si lo quieres tener.

Camino de descanso, de bañito, de siesta, de paz, de tranquilidad, de apartarse por unos dias del mundanal ruido, de conversar con tus amigos, de conversar con uno mismo, de sudar, de cansarse, de abrirte el apetito, de dormir estupendamente por ese cansancio y esas emociones que se tienen durante la jornada.

Camino que hay que hacer, camino que no es montañero, camino que no es de peregrinos al uso, camino distinto, pero camino que lo tiene todo y encima es distinto, teniedo algo que no tienen los demas.

Y nada mas que sigais los TRASKIS, con esa ilusion de querer enseñar, de promocionar todo lo que ese rincon puede dar, que a pesar de su nombrecito, Costa Da Morte, para mi y mis amigos es costa da la vida.”

antonio holgado

Antonio Holgado, experto senderista: “una vez finalizado el Camino de Santiago hasta Fisterra, decidí continuar por la costa a través de dicho Camiño dos Faros hasta Muxía y finalmente en julio terminarlo entre Muxía y Malpica de Bergantiños.
La experiencia ha sido fantástica, probablemente uno de los itinerarios más bonitos que he realizado, por un lado la soledad de los parajes, la suerte de haberme acompañado un tiempo magnífico, la atención de las gentes de los hostales y fondas donde he pernoctado, pero sobre todo los paisajes tan agresivos y a la vez tan apacibles, pasar de rompientes donde las olas baten con tanta fuerza a playas de finas arenas donde se respira una placidez inmensa, las olas desplazándose suavemente sobre la arena, grandes dunas de finas arenas, ensenadas donde las aguas transparentes de los ríos penetran en el mar a través de los arenales, rías de aguas azules y verdes a cuyos lados se albergan los puertos y bahías donde se resguardan bonitos pueblos marineros.
Elevados montes desde donde se contemplan amplios parajes de bosques contrastando el verdor con el azul del mar, una flora rica y variada que en esta época está resplandeciente de mil colores. Aunque el punto negativo lo pongan los tojales, el cruce de estos complicados puntos es más bien escaso, confiando en que con la utilización del sendero por más gente se puedan ir suavizando estos agresivos lugares de paso.
Como siempre la masificación de la ruta será un inconveniente para el disfrute de su cruce pero esto no parece que sea en breve plazo a la vista de los pocos caminantes que he encontrado en ella, probablemente no más de 15 en un trayecto de 200k, mas bien la soledad ha sido la tónica.
Cuando estuve hospedado en Muxía, en el bonito Hotel A de LoLó. Sergio y José Manuel tuvieron la gentileza de regalarme el libro Costa da Morte Un país de sueños y naufragios cuyo autor Rafael Lema ha realizado un minucioso y exhaustivo esfuerzo de investigación de cada uno de los naufragios acaecidos en esta costa bella y brava como él bien dice. Su lectura me ha permitido vivir estos siniestros marinos en primera persona al comprobar sobre el terreno los lugares donde tuvieron la desgracia de ocurrir.
Roquedos peligrosos a flor de agua y otros a pocos metros de profundidad, invisibles para una navegación escasa de medios técnicos en otras épocas durante violentos temporales en que se produjeron tragedias como la del HMS Serpent que con 175 tripulantes chocó contra las rocas de Punta do Boi salvándose únicamente 3 marineros de dicha tripulación, esta tragedia produjo una conmoción enorme en Inglaterra.
Este es solo un ejemplo de tantos siniestros ocurridos en estas traicioneras aguas cercanas a la costa y que he podido revivir en mi tránsito por la cercanía de las bellas aguas contempladas desde la placidez de tierra firme.”

manuchao

Manu Chao, músico internacional y gran amante de A Costa da Morte: “Cuando tenga un poco de tiempo, intentaré respirar los aires de A Costa da Morte viajando por O Camiño dos Faros”

eva garcia

Eva García y sus compañeros segovianos: “Estamos terminando nuestros últimos momentos de estos fantásticos días que hemos pasado en la costa da morte, hace tiempo nos retamos nosotros mismos ha hacer el camiño dos faros !!! El que ha resultado ser espectacular, gracias a todo el trabajo que han echo los trasnos para facilitar el acceso a la naturaleza y las sensaciones de la costa da morte, gracias también a Traski Costa da Morte por su apoyo, ayuda y ánimo durante todo este camino!!! Recomendamos a todo el mundo que se ponga unas botas, una mochila con un buen bocata y se venga a visitar el camino dos faros !!!! Y por que nosotros ya nos sentimos trasnos VOLVEREMOS!!! ”

iesurbanolugris

41 rapaces, 9 profes e 5 trasnos do IES Urbano de Lugrís de Malpica fixeron  un anaco de Camiño dos Faros. Unha profe di: “Estupendo, xenial. Un roteiro perfectamente organizado, adaptado e secuenciado, que nos permitiu descubrir a profesores e alumnado un novo tramo da nosa costa. Grazas aos trasnos e parabéns polo voso traballo. Queremos seguir contando con vós na educación das novas xeracións. Grazas, mil grazas!!!”

rosavaamonde 

Rosa Vaamonde, trasna e filósofa: ” Todo comezou nun bar de Malpica cando uns trasnos soñaron con abrir camiño ata Fisterra pola beira do mar… Decididamente, hai cousas pequenas que se poden facer grandes. Soamente hai que querelas.

E non, non me botaron droja no colacao. Foi milagre… Ou meigallo, ou trasnada, ao final déixovos decidir a vós, así toda magnánima, coma o goberno pero en campaña electoral. Vémonos por Fisterra e xa me contades.”

rebeca mosteiro

Rebeca Mosteiro: Ás veces estás vivindo con tanta intensidade unha lectura, con tanta realidade, que cando consigues despegar a cabeza do libro e erguer a vista cara fóra, decátaste de que che doe todo o corpo porque levas horas vivindo, bebendo, sen decatarte do que pasaba fóra daquelas páxinas… O camiño dos faros é o mesmo pero ó revés, como reflectido nun espello… vívelo con tanta intensidade que só cando todo rematou notaches que che doían os pés e que cando deixaches de mirar aquel mar te decataches de que todo o que te rodea é realmente ficción porque a verdadeira vida, está alí, no mar da Costa da Morte. E dende entón non podo evitar querer volver unha e outra vez a asulagar o espírito das súas emocións…. Grazas Trasnos.

mariluztome

Mari Luz Tomé dice: “Mi balance: hice 4 etapas, y la última fué la de ayer, todas me aportaron algo pero esta última fué la más satisfactoria en todos los sentidos, quizá porque me resultó un poco dura pero el haberlo conseguido ha sido todo un reto. En general, mi sentir lo dejé anotado en Finisterre ayer a mi llegada en el libro del Faro, y lo quiero compartir con todos, ahí va: Sólo puedo decir, FANTÁSTICA EXPERIENCIA EN TÓDOLOS SENTIDOS, DEPORTIVO, SOCIAL, MENTAL, en definitiva, BUENO PARA EL CUERPO Y SOBRETODO PARA EL ALMA. Grazas trasnos”

JOSERAMONVARELAREY

José Ramón Varela Rey, ex-alcalde de Malpica: “Admirable o traballo dos organizadores: itinerario moi currado, moi bo trato cos participantes e, sobre todo, moito altruismo detrás de todo esto. Creo que é a maior promoción que fixo nunca da nosa Costa da Morte. Moito ánimo a todos e gracias por permitirme participar de tan importante evento.”

0

Manuel Sendón, doctor en Bellas Artes, profesor de Fotografía en la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra y responsable del Grupo de Investigaciones Fotográficas de la Universidad de Vigo

“A experiencia do Camiño dos Faros permite un achegamento a Costa da Morte moito máis intenso do que poden proporcionar as imaxes.

Parabéns polo proxecto, que difunde o carácter específico da nosa costa como non se tiña feito antes. Gustaríame suxerirvos, dende admiración polo voso traballo e pola xenerosidade con que o realizachedes, que se vería completado maxistralmente se empregarades o galego nas publicacións, pois o idioma é outra das características que nos definen.

Paréceme moi correcto o que demandades das institucións, penso que teñen a obriga de conservar o que vós nos legáchedes, e o que é a súa obriga, facer que toda a contorna non se deturpe. A diferencia doutras zonas do litoral galego, na Costa da Morte aínda temos grandes áreas onde o territorio non foi agredido polo cemento, non podemos consentir que se destroce irracionalmente.”

FOTO_DE_PORTADA

Hotel Rústico Restaurante Puerto Arnela: ” Después de tantas décadas pensando de como enfocar el turismo de la Costa da Morte, que si playas, que si costa, que si temporales, Después de tantos sueldos y pensantes, políticos de todos colores, asesores especializados, dineros y subvenciones a mansalva para nada, después de todo esto y de dinero del contribuyente malgastado… vienen un grupo de amigos ,, crean O CAMIÑO DOS FAROS, una ruta que consiste en recuperar los antiguos caminos de pescadores que recorren la preciosa y abrupta costa gallega y movilizan a miles de personas y turistas de todas comunidades y países que duermen, comen y beben en nuestros pueblos. Que paradoja , verdad? Ellos dieron con la tecla y sin cobrar por ello.
Hace unos días un mexicano y su mujer que hicieron esta ruta me comentaban que con el tiempo seria como el camino de Santiago… Quien sabe.
Enoraboa TRASNOS.”

Entrevistas a trasnos

A primeira é Marina.

marina

– ¿Que significou pra ti O Camiño dos Faros?
O Camiño dos Faros é a miña primeira experiencia en facer rutas, pero disfrutei cada pasiño que dei. De Malpica a Ponteceso serviume pa conocer máis a fondo a zona donde nacín e o no resto das etapas tamén descubrín sitios espetaculares. Tamén me serviu pa liberarme un pouco da rutina diaria, e nin que decir ten dos compañeiros de ruta máis deses duendes invisibles que tanto fixeron por facernos o camiño mais doado.BRAVO POR ELES E A VER SE ALGUN DIA TOPÁMONOS CON ELES

– ¿É duro físicamente?
-Penso que case todo o mundo o pode facer, ninguén nos apura fomos a un ritmo moi suave, certo é que nas subidas as veces chegaba un pouco o cansancio pero todo e descansar un pouquiño e xa esta.

– ¿Qué punto do Camiño dos Faros destacarías?
Eu quedome coa baixada do Faro pola calzada romana e encontrarse coa playa da Barda e o paisaxe que se ve ó lonxe. Tan cerquiña de min e totalmente desconocido

– ¿Que farías ti pra conservar e difundir este camiño?
Uf, o de conservalo eu non creo que se poida destruir porque non hai nada feito o unico que nos quiten as señas que nos sirven de guia e para difundilo os concellos da zona terían que involucrarse e publicitalo

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”. ¿Cal é o teu slogan?
En cada paisaxe unha emocion diferente

ramon y ceci

Ramón es de los pocos trasniños que este domingo llegará a Fisterra después de recorrer todas las etapas de O Camiño dos Faros, las 8 etapas con sus 200 kilómetros. Queremos saber también que opina.

– ¿Que ha significado para ti O Camiño dos Faros?
O camiño dos faros para mi es la culminación de un sueño hecho realidad gracias al trabajo de unos duendes denominados Trasnos que nos han mostrado la belleza y riqueza natural de este privilegiado rincón del mundo.

– ¿Qué te pareció el recorrido?, ¿es duro físicamente?
El recorrido es absolutamente variado, siempre se podrá mejorar pero me gusta que discurra lo mas cercano a la costa (con banda sonora incluida) como premisa fundamental. En general no es duro, quizás las etapas son largas en kilometraje para hacerlas en otra época del año, aunque esto de la dificultad es algo muy relativo.

– ¿Cual es el lugar que más te gustó de todo O Camiño dos Faros?
Me voy a quedar con todo el lado salvaje, no podría quedarme con un sólo lugar aunque las sensaciones en monte branco y playa do trece….telita

– ¿Como se podría hacer para compatibilizar la conservación tal como está de la Costa da Morte y a la vez atraer gente para que conozca este Camiño dos Faros?
El futuro y conservación de esta costa va a depender de un turismo natural y de educación. hay buenos ejemplos de que esto funciona en otros sitios y hay que estar orgullosos de poder mostrar este rincón al mundo. Sobre las autoridades públicas sólo pido que por lo menos no pongan pegas.

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”. ¿Cual es tu slogan?
El “slogan” está perfecto aunque me andaba en la cabeza llamarlo “o camiño dos sete faros” ou a senda dos trasnos pero no me hagáis ni caso que estoy un poco chiflado. Hasta pronto.

Copy of conchi_2

– ¿Que ha significado para ti O Camiño dos Faros?
Sobre todo ha sido una combinación perfecta entre el ejercicio en plena naturaleza y conocer a un grupo encantador de personas que comparten esta afición. Sin presiones a nivel físico y con un respeto exquisito a las capacidades de cada uno. Además ha supuesto conocer de una forma totalmente diferente la Costa da Morte. Las sensaciones de descubrir a pie cada recodo, cada vista, cada rincón… han sido una experiencia inmejorable.

– ¿Qué te pareció el recorrido?, ¿es duro físicamente?
Yo diría que es muy asequible si estás acostumbrado simplemente a andar. Hubo de todo, etapas muy cómodas y otras un poquito más exigentes, pero adecuadas para cualquiera que no tenga problemas físicos. La duración está pensada para que las etapas se hagan a ritmo de paseo con tiempo para disfrutar de las vistas, hacer fotografías y paradas para descansar y compartir la experiencia con los compañeros de ruta. Un buen calzado es primordial, eso sí.

– ¿Cual es el lugar que más te gustó de todo O Camiño dos Faros?
Sin dudarlo (aunque es algo muy personal ya que toda la costa es preciosa) diría que me emocionó la vista de la Praia do Trece desde la duna de Monte Branco. Podría estar horas sentada allí sin apartar los ojos de ese paisaje prácticamente virgen. Es difícil encontrar lugares así hoy en día.

– ¿Como se podría hacer para compatibilizar la conservación tal como está de la Costa da Morte y a la vez atraer gente para que conozca este Camiño dos Faros?
Me encantaría que esta ruta se popularizase, pero no a costa de perder el encanto salvaje que tiene. Para ello tendría que cuidarse de una forma exquisita la conservación del entorno sin elementos que lo perturben. Señalizaciones integradas, etc…
Como siempre, se juega con el riesgo de atraer a gente que no sea cívica. De todas formas, son etapas largas y pienso que si alguien las hace es porque le gusta la naturaleza y se supone que está concienciada y que la hará con respeto.

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”. ¿Cual es tu slogan?
No cambiaría ni una coma de ese slogan ni encuentro otro mejor, me parece que es perfecto y refleja el espíritu de la ruta.

graziela2

Graciela se enteró del Camiño dos Faros y contactó con nosotros para que le indicásemos los mejores tramos para su hijo Mateo, de 6 años. Al final, los dos hicieron casi todo el recorrido sin problemas– ¿Que ha significado para ti O Camiño dos Faros?
Eu buscaba unha actividade para compartir co meu fillo, ao aire libre, en contacto coa natureza… e batín cos trasnos e cos faros!! Resultou toda unha sorpresa! Poidemos disfrutar do noso territorio, do descrubrimento das paisaxes e topamos cun estupendo grupo de xente que chega a ser coma unha familia e que espero conservar!!
¿Cómo lle ensinas a un neno a sentir a súa terra, se non a vive? Foi unha evolución. Desenvolveu o instinto de supervivencia propio, a súa autonomía, o de conservación da natureza, a relación con animais e co entorno. É un capitán, e eu teño todo o privilexio de desfrutar con él!– ¿Qué te pareció el recorrido?, ¿es duro físicamente?
O percorrido…. ás veces complícase! Quizás un pouco mais curtos permitiría desfrutar doutras cousas, por exemplo da compaña dos trasnos ao rematar a xornada do domingo.– Tú llevas contigo a tu hijo de 6 años. ¿Qué crees que le aportó esta aventura?
Capitán trasno está totalmente volcado no proxecto, e como dixen, foi toda unha evolución.– ¿Cual es el lugar que más te gustó de todo O Camiño dos Faros?
Sería moi dificil decidirme por un. Cada lugar ten o seu encanto pero o TODO é o realmente valioso e o fermoso!!! Penso que non se pode separar.– ¿Como se podría hacer para compatibilizar la conservación tal como está de la Costa da Morte y a la vez atraer gente para que conozca este Camiño dos Faros?
Se non se institucionaliza irá ben. Tampouco queremos unha invasión. Consérvase por si mesmo, usandoo e disfrutando del con SENTIDIÑO

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cual es tu slogan?
Eslogan perfecto!!

maryperez

A trasniña Mary foi unha das alegrías de este Camiño dos Faros. Con moita superación empezou en Laxe e case sen querer xa está en Fisterra. Un orgullo para todos os trasnos!

– ¿Que significou pra ti O Camiño dos Faros?
Para min o camino dos faros foi un gran reto a nivel persoal e emocional. Persoal polo esforzó que a min me supuxo polas circunstancias que estaba atravesanso e emocional polos recordos a o meu pai. Por ser filla dun mariñeiro a paisaxe faciame ver todo o recorrido polo meu pai, e o mesmo tempo acordadame do significado que tiñan as sinais dos faros “tan importantes para os mariñeiros”

– ¿Qué che pareceu o recorrido?., ¿é duro físicamente?
O camino pareceume duro pero non imposible. Fixome ver que “SI SE PODE” e coa axuda dos tranos moito mais.

– ¿Cal é o lugar que máis che gustou do Camiño dos Faros?
Non pensó decir un lugar en concreto porque a ruta en si con todo o seu recorrido foi moi fermosa. o que si quero destacar e que sin o voso apoio fariaseme moi complicado. En todo momento sentinme apoiada por os trasnos e sentinme acollida como una trasna mais. Esquencinme das miñas limitacions e disfrutei dunha experiencia maravillosa. Cada etapa fixome ver que a prova estaba superada o cal supuxo un reto persoal moi grande para min.

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cal é teu slogan?
O CAMIÑO DOS FAROS…UNHA PAISAXE EN CADA PASO ….ENTRE TODOS FAGAMOS POR COMPARTILO E COIDALO”
E como todas as etapas dediqueillas a algunha persoa moi especial para min…..esta vai por ti CONCHI que estas a pasar momentos difíciles. Pola miña familia e por todos os trasnos. “SI SE PODE”

karmencita3

Carmencita é nosa trasna de Malpica. Disfrutou do Camiño dos Faros dende o primeiro día e tamén deixou para a posteridade moitos bós momentos e un bó feixe de fotografías. Graciñas che!

– ¿Que significou pra ti O Camiño dos Faros?
Foi unha experiencia xenial. O camiño din que se fai andando, pero a riqueza do trayecto non está solo ahi. O compartir cos compañeir@s as vivencias, e todo o que vai implicado en tantas horas de andarea non ten precio. Conocin xente especial , para min é o mais significativo.
Por descontado a nosa costa é espectacular, e desde aqui os meus parabens a quen puso en marcha todo esto. Todo un acerto!

– ¿Qué che pareceu o recorrido?., ¿é duro físicamente?
Fisicamente podese con eso, de feito viñeron xente de todas as edades. Unhas foron mais duras que outras pero xa se contaba

– ¿Cal é o lugar que máis che gustou do Camiño dos Faros?
Disfrutei de cada sitio por donde pasei !! a maioria non os conocia indo pola costa. Todos teñen encanto!

– ¿Como se podería facer para compatibilizar a conservación tal como está agora desta Costa da Morte con o turismo e atraer xente para que coñeza este Camiño dos Faros?
Todos deberiamos axudar para conservar o noso patrimonio, non facéndolle mal xa facemos moito ben. O boca a boca fai moito, e calquera de nós non ten mais que contar as maravillas que vimos facendo este esplendido camiño dos faros.

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cal é teu slogan?
“Vamola andando”

mariadores

María Dores Guerrero veu dende Lugo a Arou a facer a quinta etapa. Colliu a cor verde e xa non parou ata Fisterra

– ¿Que ha significado para ti O Camiño dos Faros?
Sorprendente. Naturaleza: mar, montaña, bosque, prado…….todo el mismo dia, en cada tramo, a veces al mismo tiempo. Belleza en los paisajes vírgenes, Conocimiento (historia, geografia, formas de vida……). Compañerismo, Amistad, Esfuerzo personal y de otros para otros.

– ¿Qué te pareció el recorrido?, ¿es duro físicamente?
El recorrido es único en toda Galicia. Duro? Depende de la forma física de cada uno pero cualquiera, que no tenga impedimentos físicos puede hacerlo por tramos.

– ¿Cual es el lugar que más te gustó de todo O Camiño dos Faros?
Teniendo en cuenta que empece el camino desde Arou, sin duda, la Playa do Trece desde Monte Blanco, quiza porque fue el primer paisaje grandioso que me emociono..después hubo más.

– ¿Como se podría hacer para compatibilizar la conservación tal como está de la Costa da Morte y a la vez atraer gente para que conozca este Camiño dos Faros?
El camino lo harán los caminantes. Para atraer gente se está haciendo por el boca a boca. De Lugo la proxima etapa seremos 8 o 9 personas. En mi trabajo conocen ya el camino, les he enseñado fotos y están impresionados con el paisaje. Mis amigos ya dicen que estoy enamorada de este camino pues no paro de hablar de él. Y no os preocupeis que en las asociaciones donde estoy metida se enterarán de lo que es “O Camiño dos Faros”
Si conseguimos trasmitir la filosofia de que es un camino para ANDAR, de senderistas para senderistas, que no se van a ofrecer “ayudas”: pistas que te acerquen, caminos más amplios, desbroces varios, etc. Por ahí pasará el que quiera acercarse a la naturaleza tal como es.
Seria necesario tener uno o varios guias que puedan enseñar el camino a otros caminantes……… y a la vez de mostrarles naturaleza enseñarles respeto por la misma. No me gustaria que “O Camiño dos Faros” se conviertiera en lo que es ahora el Camino de Santiago

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cual es tu slogan?
No tengo ninguno tan bonito y tan ilustrativo como el vuestro……….Yo diría que si la gente quiere emociones con mayúscula debería hacerlo algún día.

580204_624353390909158_404083921_n

Carlos es el trotamundos de este Camiño dos Faros. Desde Coruña y con unas ganas de devorar kilómetros como nadie llegó a todos los rincones de la ruta. Para poder hacerlo todo, hizo sólo la ruta Muxía y Nemiña antes de la última etapa. Un placer trasno!

– ¿Que ha significado para ti O Camiño dos Faros?
O Camiño dos Faros significó para mi conocer más mi tierra, lugares cerca de casa donde desconectar y disfrutar de la naturaleza en estado puro y vivir nuevas sensaciones en cada etapa….

– ¿Qué te pareció el recorrido?, ¿es duro físicamente?
Físicamente en mi caso se hace muy bien cualquier etapa, esta hecho para todos los publicos, tampoco hace falta ser deportista…

– ¿Cual es el lugar que más te gustó de todo O Camiño dos Faros?
No tengo un lugar mejor q otro todos tienen su encanto siempre hay algo que te sorprende en todas las etapas

– ¿Como se podría hacer para compatibilizar la conservación tal como está de la Costa da Morte y a la vez atraer gente para que conozca este Camiño dos Faros?
A la vez que se da a conocer o camiño concienciar a la gente del propósito de conservacion. Que disfruten de los paisaxes pero que lo mantengan limpio tal como está virgen.

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cual es tu slogan?
Ven á Costa da Morte e vive, disfruta O Camiño dos Faros te sorprenderás

veronika

Veronika lleva afincada aquí desde hace muchos años pero esta trasna alemana se sorprende cada día con los paisajes y la belleza de esta Costa da Morte. Comenzó en Malpica y llegó a Fisterra haciendo casi todos los kilómetros de este Camiño dos Faros.

– ¿Que ha significado para ti O Camiño dos Faros?
Vivir una aventura, sentir la sensación de la libertad, conocer el litoral y a mucha gente; todo eso me sirvió como una terapia de relax.

– ¿Qué te pareció el recorrido?, ¿es duro físicamente?
El nivel del recorrido tiene algo de todo por lo tanto no resultó aburrido . Hay tramos difíciles pero aptos para mi.

– ¿Cual es el lugar que más te gustó de todo O Camiño dos Faros?
Hay tantos lugares que me gustaron pero lo que más me gustó son los obstáculos que hay que vencer como la cruzada (descalzos)del río.

– ¿Como se podría hacer para compatibilizar la conservación tal como está de la Costa da Morte y a la vez atraer gente para que conozca este Camiño dos Faros?
La conservación haría por medio de “campos de trabajo”.

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cual es tu slogan?
Mi slogan:-“O camino dos faros, entre mar e terra, ata Fisterra.”

1063779_395198827252619_1762739978_o

Aunque no nos pudo acompañar todo lo que quisiera por razones laborales, Toño también nos dejó algunas de las mejores fotos de este Camiño dos Faros.

– ¿Que ha significado para ti O Camiño dos Faros?
Retomar el placer del senderismo, después de unos años en que, por una lesión en la rodilla, lo tuve apartado.

– ¿Qué te pareció el recorrido?, ¿es duro físicamente?
No es duro si se está acostumbrado a caminar, pero sí exigente. No hay grandes desniveles que salvar, siempre hay camino, más o menos ancho, pero camino y además haciéndolo con una compañía tan agradable, los kilómetros no pesan tanto.

– ¿Cual es el lugar que más te gustó de todo O Camiño dos Faros?
Me gustaron tantos sitios, que es difícil escoger alguno, quizás la bajada a la playa de Moreira, la del tobogán , con una sensación de inmensidad que te hace sentir muuuuy pequeño.

– Como aficionado a la fotografía… ¿como convencerías a otros fotógrafos para realizar esta ruta?
Es una ruta que nunca defrauda, incluso cuando las condiciones de luz no son favorables hay mil paisajes, rincones y detalles fotogénicos. Como haya nubes o madrugues… entonces es el paraíso del fotógrafo.

– ¿Como se podría hacer para compatibilizar la conservación tal como está de la Costa da Morte y a la vez atraer gente para que conozca este Camiño dos Faros?
Es evidente que si la ruta se promociona habrá impacto en el medio, pero entiendo que es un perjuicio mínimo en comparación con los beneficios para los que la realizan y para la Costa da Morte, tan necesitada de que este tipo de “turismo de aire libre” aporte lo que puede llegar a aportar. Y para eso hace falta una implicación real de las entidades con capacidad para promocionar y ordenar esta actividad: ayuntamientos, entidades comarcales y supracomarcales, hostelería, hoteles, casas de turismo rural,….
Además una implicación real significa que tienen que aflojar el bolsillo e invertir en promocionar el senderismo, en realizar una señalización respetando el entorno y sin llenar los montes y caminos de barandillas, carteles y señales con los logotipos del organismo de turno,

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso” ¿Cual es tu slogan?
El mismo. Basta con hacer cualquier tramo de la ruta, para darse cuenta que es la frase que mejor lo define.

alejandra

Desde Coruña y nacida en Argentina, Alejandra llegó a Laxe para convertirse en trasna y recorrer desde allí buena parte del Camiño dos Faros.

– ¿Que ha significado para ti O Camiño dos Faros?
Una experiencia nueva ya k nunca había realizado semderismo.

– ¿Qué te pareció el recorrido?, ¿es duro físicamente?
Hubo ciertas etapas que fueron duras para mi Pero eso depende de cada uno

– ¿Cual es el lugar que más te gustó de todo O Camiño dos Faros?
No sabria decir una. Hubo muchos paisajes que recuerdo k han sido maravillosos

– ¿Como se podría hacer para compatibilizar la conservación tal como está de la Costa da Morte y a la vez atraer gente para que conozca este Camiño dos Faros?
Creo que los ayuntamientos tendrían que implicarse en ello. Mientras eso sucede dar gracias a todos los trasnos k dan a conocer ese magnifico Camiño

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cual es tu slogan?
Creo k esta muy bien refleja lo k es el Camiño

antonio

Antonio chegou dende Pontevedra á Costa da Morte pra recorrer as cuatro últimas etapas. Calqueira que comece na etapa Arou-Camariñas non ten solución , xa non para ata Fisterra…

– ¿Que significou pra ti O Camiño dos Faros?
Para mín, o Camiño dos Faros significou varias cousas moi interesantes; por mencionar algunha: é unha forma de dar a coñecer a nosa terra tan fermosa que temos, dunha maneira saudable.

– ¿Qué che pareceu o recorrido?., ¿é duro físicamente?
Non me pareceu duro físicamente; pois está ó alcance de calquera persoa mínimamente preparada, tendo en conta que ós que nos gusta a natureza xa o estamos.

– ¿Cal é o lugar que máis che gustou do Camiño dos Faros?
É moi difícil valorar cal é o lugar máis bonito, xa que todo é precioso, pero por contestar á pregunta: o Monte Branco.

– ¿Como se podería facer para compatibilizar a conservación tal como está agora desta Costa da Morte con o turismo e atraer xente para que coñeza este Camiño dos Faros?
Esta pregunta non ten resposta; o ser humano estamos condenados a autodestruirnos. A non ser que se endureceran as penas contra os atentados á natureza.

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cal é teu slogan?
O slogan é inamomible; os que o fixeron sábeno mellor que ninguén.

milucho

Dende Monforte, coa súa cámara ó lombo e desfrutando moito da ruta, chegou Emilio Romanos a este Camiño dos Faros. Só estivo en tres etapas, mais o seu bó facer queda reflexado nas súas fotografías. Gracilas Milu!

– ¿Que significou pra ti O Camiño dos Faros?
A oportunidade de coñecer unha parte das nosas costas, xa coñecida para min, pero de un xeito totalmente diferente, moito mais atrainte. Chegar a lugares que de outro xeito nunca chegaria.

– ¿Qué che pareceu o recorrido?., ¿é duro físicamente?
Polo xeral, non é moi duro, ainda que ten tramos que a xente menos preparada lles poderia costar un pouquiño mais, pero non os afeccioados os sendeiros, que será a xente que o percorra. Polo xeral o percorrido gustoume moito, sobre todo os tramos de sendeiros de pescadores lonxe do asfalto.

– Como aficionado á fotografía, ¿qué pode aportar O Camiño dos Faros a un fotógrafo?
Rincones únicos, inalcanzables de outro xeito, paisaxes idilicas e luces sorprendentes. De todolos xeitos de habelo percorrido como “fotografo” me levaría 4 veces mais de tempo. Deixei moitos lugares na mente para voltar a fotografiar con mais calma e mellor luz, praias, cantís…todos os fotografos sabemos que os solpores da costa da morte son os mais fermosos da nosa terra…archicoñecidos os de Fisterra e Lires…pero en calquera sitio que te pille poderias facer fotos impresionantes.

– ¿Como se podería facer para compatibilizar a conservación tal como está agora desta Costa da Morte con o turismo e atraer xente para que coñeza este Camiño dos Faros?
Eu penso que a xente que vai facer esta ruta, polo xeral, e xente amante da natureza e dos sendeiros, xente respetuosa co entorno e a sua conservacion. E mais, conseguiriase atraer un tipo de montañero/sendeirista, coma min, que de outro xeito non se achegaria a zoa, pouco mais que de paso. A mellor forma de dalo a coñecer e a que estades a levar a cabo, dala a coñecer camiñando coa xente e as redes sociais, as fotos que se fan e o boca a boca. Tentala introducir en paxinas propias dos montañeiros, e por suposto, traballar para conseguir unha homologacion e sinalizacion axeitada a un sendeiro de estas caracteristicas. Involucrar os locais e comerciantes da zoa que nos viron e viron o potencial economico que ten para os pobos.

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cal é teu slogan?
Pareceme perfecto o que tedes, non se me ocorre nada mellor, porque é totalmente certo.


Notice: ob_end_flush(): failed to send buffer of zlib output compression (1) in /usr/home/caminodosfaros/www/wp-includes/functions.php on line 3549

Notice: ob_end_flush(): failed to send buffer of zlib output compression (1) in /usr/home/caminodosfaros/www/wp-includes/functions.php on line 3549