Omphalodes-littoralis-Lehm.-subsp.-gallaecica-M.Lainz-80369

Omphalodes littoralis subsp. gallaecica

<<Linaria aguillonensis (paxariños amarelos)Chamaesyce peplis>>

Omphalodes litorrallis gallaecia( embiguiña galega). Endémica da provincia da Coruña e no Camiño dos Faros presenta as suas maiores poboacións. Crece entre dunas semimóbiles, altérase con facilidade nos bordes dos camiños e son moi sensibles as fluctuacións do hábitat. Atópase en perigo de extinción según o catálogo galego de especies ameazadas.

Descrición: Planta anual, terófita, glauca. Talos raramente erectos. Follas espatuladas e algunhas lanceoladas. Inflorescencia bracteolada e flores con corola de cor branca, xeralmente con matices azuis. A dispersión das sementes é zoócora, grazas á súa capacidade de adhesión ao pelo dos animais.

OMPHALODES LITORALIS 1

Demografía: As poboacións desta planta parecen experimentar importantes oscilacións, polo que poden multiplicar ou dividir por dez os seus efectivos en anos consecutivos. Pode ser puntualmente moi abundante ou salpicar en baixas densidades o territorio.

Hábitat: Vive en dunas semifixas grises e pouco alteradas (asociada á comunidade xerofítica de fenoloxía estival Violo hanriquesii-Silenetum littoreae e á endémica Iberidetum procumbentis). En ocasións habita zonas expostas, onde o substrato rochoso está cuberto por unha capa de area.

Distribución: Endemismo coruñés. A súa poboación distribúese en varios núcleos, área norte de Ferrol, Costa da Morte e península da Barbanza. Todos eles situados nalgún destes LIC: Costa Ártabra, Costa da Morte, Complexo Húmido de Corrubedo.

Estado de conservación: Encontrábase en lugares ata hai pouco inalterados, pero na actualidade, a causa do turismo en zonas de praia, comezou unha deterioración das súas poboacións coa construción de zonas de recreo, paseos, aparcadoiros, etc. Ademais disto, as dunas onde medra a especie están sendo degradadas mediante a extracción de area, pisaduras, quads e tránsito de maquinaria agrícola, o que está provocando que as poboacións diminúan.

Categoría de conservación: En perigo de extinción.

Nome común Omphalodes littoralis subsp. gallaecica
Nome científico Omphalodes littoralis subsp. gallaecica
Clase Plantas superiores Familia Boraginaceae

Un paisaje en cada paso


Notice: ob_end_flush(): failed to send buffer of zlib output compression (1) in /usr/home/caminodosfaros/www/wp-includes/functions.php on line 3549

Notice: ob_end_flush(): failed to send buffer of zlib output compression (1) in /usr/home/caminodosfaros/www/wp-includes/functions.php on line 3549