Manuel Rivas, outro trasno máis

– Outra das características da cosmoloxía da túa literatura é a presenza do mar. Que é para ti, que significa?

– Veño de facer gran parte do Camiño dos Faros. É apaixonante. Teño viaxado moito por esa zona, é un lugar de Galicia moi familiar para min. Pero esa posibilidade de descuberta, de ir camiñando pola liña do horizonte, xa que vas pola liña do litoral e do acantilado, realmente significou estar acompañado todo o tempo dese ser vivo que é o mar.

Para min é a gran metáfora da vida. O mar sempre está a comezar e recomezar. As mareas morren e rexorden de novo. O mar é o primeiro náufrago de si mesmo. Logo está o de que non cansemos de ver o mar porque, cando o ves, xa nunca máis o esqueces, convértese en parte de ti mesmo, méteseche dentro. E nunca cansamos de velo porque é o encontro do visible co invisible. Que mellor explicación da literatura que o propio mar.

Actualizacion (29/03/2017) – Manuel Rivas vino a hacer alguna etapa de la séptima edición con los trasnos

17553854_1303681749718537_7511876981305178733_n