Capítulo 4: Traski voando ata o Solpor

O sábado 2 de Xuño continuaremos este I Camiño dos Faros Infantil en Lires e Nemiña, no que un pequeno grupo de nenos de 6 a 12 anos acompañados de seus pais e nais farán outro tramo do Camiño dos Faros cheo de maxia e aventuras.

TRASKIAVENTURA NA COSTA DA MORTE

Capítulo 4: Traski voando ata o Solpor
Sábado 2 de Xuño (Lires-Nemiña)

2014-05-17-065

Fixádevos que repetimos o formato. Non haberá presencia na ruta de membros da asociación, e a responsabilidade na ruta e na participación nos xogos que se propoñen recaerá totalmente sobre o tutor do menor.

Con esto pretendemos que sexa unha actividade onde pais e nenos
teñan que xuntarse con outras familias para resolver conxuntamente as probas que lles presente Traski, sen depender da existencia ou non de monitores.

  • Horario da actividade: De 16:00 a 20:00 horas (quedada ás 16:00 no Bar Playa de Lires (principio e fin da etapa)
  • Percorrido: Lires – Nemiña – Lires 
  • Distancia: 12 kilómetros
  • Número máximo de nenos: 50 nenos de 6 a 12 anos. Acompañados sempre de 1 adulto que se responsabilizará en todo momento do neno. Ningún membro da asociación vos acompañará na ruta.
  • Imprescindible para nenos e adultos: Calzado que agarre tanto ao chan coma o nocello, xa que ides camiñar sobre pedras de granito, o mellor son botas de sendeirismo. Se levades o neno sen o calzado adecuado a responsabilidade será vosa.
  • Temática das pistas: Praias, Paxaros, Música, Solpor e a maxia e fantasía de Traski.
  • Mecánica do xogo: Non haberá monitores da asociación «en ruta», así as familias iranse agrupando por sí mesmas, as súas afinidades e o ritmo que leven. Os membros da asociación estarán situados en 6 pistas/probas ao longo do camiño e os grupos irán pasando por cada unha delas antes de rematar
  • Planning
    • 16:00 Quedada no Bar Playa de Lires (buscade a nosa mesa de recepción de trasniñ@s)
    • 16:15 Saída da etapa cara a aldea de Lires e praia de Nemiña para logo vir de volta.
    • 20:00 Refrescos no Bar Playa en Lires
    • Solpor con actuación de Traskiband 

Inscripción cerrada ya para esta etapa

Plano da etapa

Tramos que percorreremos
Ría de Lires

Ría de Lires

La Ría de Lires es la más pequeña de Galicia y se forma en la desembocadura del Río Castro en ...
Praia de Nemiña

Praia de Nemiña

Situada en un entorno privilegiado con la Ría de Lires, la Praia de Nemiña es el final de esta séptima ...
Vaosilveiro

Vaosilveiro

Este tramo va paralelo al Río Castro por un sendero ancho entre bosques repletos de vegetación autóctona hasta llegar a ...
Lires

Lires

Una vez pasado el Ponte de Vaosilveiro, llegamos a Lires, aldea con mucho encanto y ya acostumbrada al peregrino, que ...

Un paisaje en cada paso