Camiño dos Faros Infantil Etapa 4: Traski no mundo das Grandes Pedras

Tramo 1-1 Malpica - San Adrián (16 de Marzo ás 16:00h)>>

Esta cuarta etapa do Camiño dos Faros Infantil levaranos polo mundo das Grandes Pedras, onde Traski pasa sempre uns momentos moi divertidos. Adiante trasniñ@s!!!

17:00 RUTA PRAIA DE CAMELLE – MÓRDOMO

  • Tramo: Camelle – Mórdomo -Camelle 
  • Kilómetros: 6 Km (circular)
  • Tempo aproximado: 3 horas 
  • Dificultade: Media
  • A Asociación non se fai responsable da actividade que debe ser autoguiada polos maiores da familia, que serán ademáis o que leven o ritmo do xogo. Nengún membro da asociación estará guiando a ruta.

HORA DE COMEZO: ÁS 17:00 NA PRAIA DE CAMELLE

Ás  17:00  horas tedes que estar na Praia de Camelle  (Punto 0) onde cada neno recibirá o seu TRASKIPASAPORTE. A partir de ahí, tedes que facervos unha foto e iniciar o xogo pola vosa conta seguindo as diferentes probas. 

A mecánica é sinxela, nos PANEIS teredes as PISTAS para chegar a o seguinte PUNTO onde tedes unha PROBA, que tedes que resolver . Recorda, primeiro resolver a proba e despois lee a pista que vos levará ao seguinte punto.  

Cada PROBA ten unha solución que cada trasniño ten que ir escribindo no seu TRASKIPASAPORTE.

Ademáis, en cada unha das probas podes atopar unha letra e con todas as letras formar o TRASKIENIGMA, que é o que debes entregar no local de final de etapa para poder canxear polo PREMIO.

CARACTERISTICAS DO CAMIÑO DOS FAROS INFANTIL  2019
(PARA NEN@S DE 6 A 12 ANOS)
PARTICIPACION LIBRE E AUTOGUIADA POLOS PAIS

O obxetivo deste Camiño dos Faros Infantil 2019 é deseñar e ir buscando o mellor modelo para que exista un xogo permanente no Camiño que o poida poda facer calqueira familia en calqueira momento, e non dependa de ninguén.

A Asociación O Camiño dos Faros non dispón de voluntarios coa titulación suficiente para guiar unha actividade con nenos, polo que deben ser os pais os encargados e responsables deles.

A Asociación non se fai responsable da actividade que debe ser autoguiada polos maiores da familia, que serán ademáis o que leven o ritmo do xogo apoiados nas probas. Nengún membro da asociación estará guiando a ruta.

A Asociación únicamente se fai  responsable de ter un xogo no camiño para que, os que queirades, poidades vir facelo os sábados pola tarde. 

ASÍ FOI ESTA ETAPA NO 2018

SÍGUENOS NO FACEBOOK

 

Un paisaje en cada paso