Capítulo 3: Traski coa Noiva do Vento

<<Capítulo 2: Traski no Faro MáxicoCapítulo 4: Traski voando ata o Solpor>>

O sábado 19 de maio un grupiño de trasniños e os seus trasnos proxenitores saían da aldea dos Muíños para percorrer unha distancia duns 7 quilómetros ata o Santuario da Virxe da Barca e volta á lonxa de Muxía.

A tarde de Traskiaventuras comezou na lonxa de Muxía onde dúas viaxes de autobús transportaron a estes aventureiros ata o comezo da Traskiandaina, na aldea de Muíños.

Alí Traski comezou a introducilos na idiosincrasia do lugar. Descubriron a orixe do nome dese sitio e na Fonte da Tella atoparon a primeira información para superar a primeira proba. O Traskiaxudante Pi tivo a xenial idea de facelos bailar ao son dunha muiñeira pero… para eso tiveron que recoñecer cal das musiquiñas do fedello de Pi era a nosa melodía.

Despois de percorrer a ruta do Río Negro e visitar algún dos muíños que estaban abertos, os olliños dos trasniños enchéronse de solciño na praia de Area Maior. O Traskiaxudante Carlos queríalles preguntar sobre as praias de Area Maior, a de Leis, o faro de Lago… E así o fixo pero estes Traskirraparigos xa sabían máis do que Carlos esperaba. Cando souberon que a proba consistía en facer un faro na praia deixando voar o maxín, unha morea de Traskisorrisos alumearon máis ca o sol.

Algún dos equipos xa ten o lema do “Chascarraschás” por grito de grupo. E con el e a garda de Traski sempre sen ser visto, chegaron ao bosque de Chorente.

Que amiguiñas son as árbores dos trasnos… Traski explicoulles aos trasniños que a nosa flora autóctona non contempla nin eucaliptos nin acacias, por exemplo. Dese xeito a recollida de follas de piñeiros (que agora xa saben que son arumes), das landras dos carballos, dalgunha que outra piña… foi unha tarefa espontánea que os “trasnopapis” promoveron entre os miúdos para axudarlles a recoñecer as árbores.

Cando viron que a proba do bosque consistía en abrazar unha árbore cunha vendaxe nos ollos para despois, sen tapar os ollos, recoñecer a árbore agarimada, unha chea de ilusión xurdiu naquel bosque. Os meniños aínda non o saben pero crearon un vínculo con aquelas árbores que xa elas non han esquencer. Desexan que os miudiños tampouco o esquezan.

Así a Traskicamiñata ía avanzando ata o paseo da praia da Cruz. Cando atoparon a lenda da Buserana e datos sobre o seu autor homenaxeado en Muxía, non sospeitaban que o Traskiaxudante Ramón sería tan bulebule que os faría vivir, por uns minutiños, a historia de Buserán e Florinda. Que ben tocaron aquel “ukelele” do noso besbello.

Ao longo do paseo marítimo de Muxía víanse trasniños guiados por un mapa ir cara ao Monte Corpiño. Cada vez máis cargados de Traskipuntos ao tempo que de maxia, dominio muxián e bonitas experiencias do día.

Na subida ao Corpiño xa imaxinaban que terían que ser quen de adiviñar os puntos dos arredores. Faltaba por aparecer o Traskiaxudante dono da palabra máxica “Chascarraschás”, o noso benquerido Pi. Ningún Traskiaxudante o di coma el…

Se Ramón e Carlos son fedellos, Pi non se queda atrás; recordade que xa os fixera bailar a muiñeira. Tan fervello é que a súa proba é un segredo entre el e os trasniños camiñantes. O que é seguro é que desde aquel alto máxico todos puideron divisar a fermosa Noiva do Vento en todo o seu esplendor: MUXÍA.

A aventura ía rematando e para iso facíalles falla un Traskipunto máis. O Traskiaxudante Carlos esperábaos no Santuario da Noiva do Vento, o da Barca. Foi alí onde os trasniños descubriron as famosas Pedras de Abalar, dos Cadrís e do Timón. Pedras que formaban a embarcación na que chegou a Virxe a Muxía. E pensades que ían conseguir marchar así de fácil? Pois estades no certo, trasniños, non, non, non… Voltas e reviravoltas para seguiren ata o punto final: a lonxa de Muxía de novo.

Xa alí, cheos de vida, sorrisos, sol e vistas inigualables puideron rematar o reto desta Traskiaventura. Queredes saber a recompensa? Vide e vivídeo, TRASNIÑOS.

P.D.: O que sí vos podo dicir é o que un dos trasniños lle dixo á súa trasnamami ao día seguinte:
“- Mami, me da mucha pena el día de ayer.
– ¿Y por qué?
– Porque acabó. Ojalá hoy también fuera ayer. Que era el mejor día del mundo.”

Plano da etapa

Reportaxe fotográfico

Tramos que percorreremos

Os Muiños

Os Muiños es otra aldea típica y muy cuidada de esta Costa da Morte. Caminamos entre hórreos, utilizados para guardar ...
Leer Más

Chorente

Chorente es la última aldea que nos encontramos antes de bajar hacia Muxía. Salimos de la Praia de Area Maior ...
Leer Más

Ruta por Muxía

Las playas de Espiñeirido y de A Cruz nos reciben al llegar a Muxía. Las atravesamos y nos disponemos a ...
Leer Más

Faro de Muxía

El Faro de Muxía no impresiona por su belleza arquitectónica pero sí por el lugar donde está situado, en la ...
Leer Más

Santuario da Virxe da Barca

En el final de esta etapa llegamos a otro de los puntos claves del Camiño dos Faros: el Santuario de ...
Leer Más

Un paisaje en cada paso