Camiño-dos-Faros-Infantil-Trece-Vilán-001

Capítulo 2: Traski no Faro Máxico

<<Capitulo 1 - Traski no mundo das Grandes PedrasCapítulo 3: Traski coa Noiva do Vento>>

Despois da experiencia da primeira etapa, o sábado 5 de Maio en Camariñas continuamos este I Camiño dos Faros Infantil, no que un pequeno grupo de nenos de 6 a 12 anos acompañados de seus pais e nais fixeron outro tramo do Camiño dos Faros cheo de maxia e aventuras.

Como a aventura anterior sóubonos a pouco, voltamos a por máis… Así foi como o sábado, 5 de maio, o epicentro da Costa da Morte vestiuse de medio cento de nenos ávidos de andanzas, riscos, ilusión…

Prometía unha tardiña solleira agarimada polo vento Nordés. Acompañounos desde o camiño de cascallo enriba da Praia do Trece ata a nosa chegada ao maxestuoso Cabo Vilán.

Alá polas tres ou tres e cuarto da tarde comezaron a chegar os primeiros Trasniños á plaza do Curbeiro, en Camariñas, e ao ver aos Traskiaxudantes puxéronse moi inquedos.

Dous autobuses leváronnos ao noso comezo, a Praia de Trece. Traski preparounos un mapiña cunha serie de puntos onde atopariamos información e probas pero xa dentro do autobús, falounos para dicirnos que participaramos en grupos, nenos e pais, se queriamos conseguir o seu reto. Parece que Traski non é de ir ás carreiras… Gústalle máis a colaboración.

Ao baixar do autobús tivemos que arrancar cara ao Sur e a poucos metros de alí, xa atopamos a primeira pistiña.

Falábanos da grandiosa duna rampante do Monte Branco, das caramiñas que xogan coas píllaras das dunas e da Praia do Trece. Que imaxe tan fascinante desde aquel lugar. O maxín vai só: á vez que se marabillaba coa visión do mar naquela praia e naquelas rochas, sofría a perda das vidas daqueles 172 mariñeiros do Serpent…

De camiño cara ao Cemiterio dos Ingleses fomos facendo grupos de conversa e aventura. Buscabamos a seguinte pista, a seguinte proba… Algo que nos levara a algunha parte… Pero tampouco vou dicir que a búsqueda fose en van porque as imaxes do lugar xa non se borrarán das nosas cacholiñas.

Foi no Cemiterio dos Ingleses onde dous Traskiaxudantes convertidos en humanos fixéronnos a nosa primeira proba…

Había una pista con información sobre o Cemiterio dos Ingleses, o Serpent e a Praia de Trece. Despois, a Traskiaxudanta Ceci, para que puideramos entrar no lugar sagrado, facíanos unha preguntiña sobre o que Traski nos levaba contado desde a nosa chegada a Camariñas. Se fallabamos dábanos outra oportunidade con outra pregunta. Todos conseguimos superar o reto, aínda non sabemos se porque respondemos ben ou porque son trasniños fedellos pero bos, os Traskiaxudantes.

Dentro do Cemiterio, o Superaxudante Ramón, facíanos a proba divertida: xogar ás palabras encadeadas. Se algún de nós dicía algunha palabra que tivera que ver coa Costa da Morte, levaba doble Traskipunto.

Participabamos en grupos de dez persoas ou máis: cinco nenos e cinco adultos. E superando a pregunta e a proba divertida, cada un de nós gañou un Traskipunto. Ben!!! Xa tiñamos un e só nos quedaban… cinco!!!

Seguimos camiñando pola beira do mar, mirando ao lonxe a Punta do Boi, onde Traski dixéranos que naufragara o Serpent… Daba pena e, á vez, era máxico…

Iamos moi atentos e seguindo o mapa, que nos dicía que habiamos atopar unha áncora con máis información. Así foi. E… vaia áncora! Era máis grande ca os nenos! Pois alí atopamos a pista seguinte. Falaba do barco que levaba esta áncora enriba, o Prima. Alí foi parar no ano 2014 pero xa non queda del máis que ela. Dicía que habiamos atopar, de novo, a outro Traskiaxudante e… así foi…

De feito non atopamos un Traskiaxudante, atopamos a catro Traskiaxudantas. Marta e Lía fixéronnos lembrar o que Traski nos contara ata o momento e a súa proba foi xenial pois puidemos recoller lixo que non tería que estar alí; dese que di a xente que “trouxo o mar”… pero o mar só bota para fóra o que nos lle botamos para adentro, o que non quere…

Seguimos polas praias de Reira e a seguinte proba encantounos pois os Traskiaxudantes Ramón e Ceci deixaron que o noso maxín voara construíndo barcos na area, con materiais que o mar tampouco quere… Algúns naufragaran, outros estaban chegando a porto, outros tiñan dous timóns… Quen sabe? Quizais Traski estábanos a guiar metendo nas nosas cabeciñas imaxes do Serpent, do Prima, do Prestige, do Iris Hull…

Un pouquiño máis adiante dúas Traskiaxudantas noviñas, Duna e Mencía, facíannos pensar sobre a orixe do “Foxo do Lobo” nese lugar. Acertamos aínda que con algo de axuda dos trasnopapis.

O ascenso a Cabo Vilán non foi un obstáculo para nós e mentres xogabamos polo camiño coas casiñas de reunións dos trasnos e argallabamos ideas para poder ver a un deles, chegamos ás dúas seguintes probas. Traski fíxonos saber que o Cabo Vilán pódese chamar así por dúas razóns… Foi interesante sabelo e por certo, grazas a esa información percatámonos de que Vilán de Fóra é o fogar por excelencia das gaivotas.

Coñecemos o cormorán e tamén o arao común. Ou polo menos tentamos velos.

E xa estaba a rematar a Traskiaventura desta ocasión pero aínda faltaba unha das probas máis “costamorteña”: ordenar os faros de toda a Costa da Morte. Cada un deles sonaba tan ben coma o anterior pero Faro Vilán co seu irmán pequeno, o facho, levouse a palma.

A subida a Vilán foi emocionante pois chegabamos á fin do noso reto, á fin dunha Traskiviaxe máxica, á fin dun día cheo de ilusión, sentimento, emoción…

Traski sempre nos recompensa. Pero coma sempre, esa recompensa é un segredo entre el, os seus Traskiaxudantes e nós. E se queredes saber máis, vide e vivídeo, TRASNIÑOS!

Fermoso vídeo

Plano da etapa

clip_53

Pistas e Probas
Reportaxe fotográfico
Tramos que percorreremos
x-130630-antonioamboade-050

Cementerio dos Ingleses

Aquí, a la izquierda de la Praia do Trece, en Cabo Tosto, en la restinga conocida como Punta Boi tuvieron ...
Leer Más
pa130630-304

Praias de Reira

Salimos del Cementerio dos Ingleses para recorrer este tramo que nos llevará en dos horas hasta el Faro Vilán. Después ...
Leer Más
Faro-Vilan

Faro Vilán

Por fin estamos ante la majestuosa figura de Faro Vilán, que se adentra en el mar sobre un promontorio rocoso ...
Leer Más

Un paisaje en cada paso