cdf-infantil-1-017

Capitulo 1 – Traski no mundo das Grandes Pedras

Capítulo 2: Traski no Faro Máxico>>

O sábado 21 de Abril comezamos en Camelle este I  Camiño dos Faros Infantil. En total, 38 nenos e 42 adultos que, acompañados da maxia de Traski, percorremos o tramo do camiño que vai entre Camelle e Traba nun roteiro circular cheo de natureza e diversión.

Antes de saír, dividimos aos nenos en dous equipos: o equipo azul (de 6 a 9 anos) e o equipo verde (de 9 a 12). Cada un pintouse na cara unha espiral desa cor e recibiu un mapa coas pistas que lle levarían ás diferentes probas.

Pero antes de nada, tiñamos que coñecernos…

Mirando o mapa desta  Traskiaventura sabíamos que a ruta era circular e tiña 6 pistas polas que todos tíñamos que pasar.

E o terreo, para empezar, non era fácil: os  coídos de  Sabadelle e A Señora e a auga dos charcos facíannos estar atentos para non caer. 

Polo medio, varios xogos de grupo onde os máis  pequechos tiveron que explicarnos as principais normas que hai que seguir para andar pola natureza.

Pero o mellor estaba por chegar, este era o capítulo de  Traski nas Grandes Pedras. A partir da tartaruga costeira que todos viron…

… sucedíanse, unhas tras outra, as grandes pedras coas máis diferentes formas. Unha tartaruga, unha serpe, un ollomol, un gorro dun  trasno, as mil caras deste impresionante tramo da Señora… que facían voar como nunca a imaxinación dos nenos.

Nenos e pais que, xuntos, superaban as dificultades que lles vai presentando este camiño, saltando entre as rocas en equipo.

A última proba foi na  Praia de Camelle cunha pirámide humana na que os maiores tiñan que soster aos máis pequenos para conseguir gañar o reto. Era o que queriamos facer. Xuntar a maxia de  Traski con esa convivencia na natureza de nenos e familias dentro do camiño.

A tarde finalizou cuns petiscos de churrasco cortesía do Bar A Molinera e a actuación do Mago  Deimi co seu espectáculo de maxia familiar.

Un día moi divertido e do que sobre todo aprendemos moito para seguir desenvolvendo este  Camiño dos Faros Infantil que non pretende máis que ser unha inspiración para que educadores, colexios e familias enteiras se poñan as botas e veñan vivir “ao seu aire” esta TraskiAventura pola Costa da Morte.

Vídeo Reportaxe

Reportaxe fotográfico

 

Tramos que percorreremos

De-Traba-a-Camelle

De Traba a Camelle

Desde Mórdomo sale un camino que nos lleva por el final de la Playa de Traba hacia otro de los ...
Leer Más
Camelle

Camelle

Camelle es un pequeño y bello puerto marinero que conserva en sus calles el encanto de antaño. Estamos entrando en ...
Leer Más
Museo-de-Man-de-Camelle

Museo de Man

Hace muchos años llegó a Camelle un joven alemán que, maravillado por esta zona de la costa, se quedó a ...
Leer Más

Un paisaje en cada paso