mini-trasnos-58

I Camiño dos Faros Infantil

<<8ª Edición O Camiño dos FarosBlog>>

TRASKIAVENTURA NA COSTA DA MORTE

O sábado 21 de Abril en Camelle comezamos o I Camiño dos Faros Infantil, no que un pequeno grupo de nenos de 6 a 12 anos acompañados de seus pais e nais van facendo con nós anacos do Camiño dos Faros cheo de maxia e aventuras.

Este proxecto é unha evolución do de Traski en Primaria que estase aplicando en varios colexios con moi bos resultados.   


cdf-infantil-1-017

Capitulo 1 – Traski no mundo das Grandes Pedras

O sábado 21 de Abril comezamos en Camelle este I Camiño dos Faros Infantil. En total, 38 nenos e 42 ...
Leer Más
Camiño-dos-Faros-Infantil-Trece-Vilán-001

Capítulo 2: Traski no Faro Máxico

Despois da experiencia da primeira etapa, o sábado 5 de Maio en Camariñas continuamos este I Camiño dos Faros Infantil, ...
Leer Más
33463119_1715567038530004_3299525380095868928_o

Capítulo 3: Traski coa Noiva do Vento

O sábado 19 de maio un grupiño de trasniños e os seus trasnos proxenitores saían da aldea dos Muíños para ...
Leer Más
33430630_1715566798530028_4483231170170978304_o

Capítulo 4: Traski voando ata o Solpor

O sábado 2 de Xuño continuaremos este I Camiño dos Faros Infantil en Lires e Nemiña, no que un pequeno ...
Leer Más

Obxetivo da actividade

Dime e esquézoo. Ensíname e lémbroo. Involúcrame e apréndoo.” Así se refería  Benjamín  Franklin ao proceso de ensino-aprendizaxe.

O obxectivo da actividade non dista nada do que o autor pretendía coa súa famosa frase. Queremos que os nenos perciban a súa realidade cotiá, que coñezan a historia da súa terra, que sintan seu cada recuncho, neste caso, deste tramo da Costa da Morte.

A exposición de datos de forma oral e o visionado en pantalla de imaxes son un bo apoio para calquera tarefa que implique aprender, pero vivilo in situ e en directo, a través da maxia da súa natureza pétrea, forestal e brava e da fantasía guiada polo trasno Traski, fan deste tipo de experiencias un bo método de adquisición de xeografía, sociedade e cultura do lugar.

Ademais dos coñecementos académicos dos que os nenos se empapan, aprenden a gozar da súa contorna observando detalles, matices, situacións nos que ata agora quizais non repararían.

O feito de facelo a través da fantasía e cun obxectivo colectivo achégalles capacidade de traballo en equipo e habilidades sociais para relacionarse cos demais iguais.

Non só gañan novas amizades e aprenden a gozar delas, tamén gañan proximidade coas súas familias, ao ser os pais un apoio necesario na resolución das probas.

Non só os nenos saen gañando coa actividade. Os adultos aprenden a sacar fose ese neno que adoita estar escondido nalgún lugar e que na vida diaria non adoita saír. Coñecen máis aos seus fillos ao participar activamente con eles. Interaccionan con outros nenos e adultos. Perden o sentido do ridículo, ao que estamos tan malacostumbrados.

Benvidos ao mundo de Traski e seus amigos


 

Vídeos

Un paisaje en cada paso