Festiletras O Couto (16-20/05/18)

Festival Rockin' Carballo (30/06/18)>>

Alentados polo espíritu que o vate da “pequena Ponteceso” deitada no aire afrontamos, desde o nadal de 1982, a tarefa de sermos educadores nun tamén pequeno nucleo rural coñecido polo nome do Couto. A cultura non é só terreo de grandes cidades. Persoas do Couto, da Brixería, da Cepeira, de Carballido, de Brantuas, de Corme, da Ponteceso, da Trabe, de Anllóns, de Tella tamén teñen o dereito de amar a Galicia. E, en certa medida, iso foi o que intentamos ao longo deste tempo. Crermos, cada vez máis, e facerlles crer aos restantes que, desde séculos existe un país con identidade de seu. Un país que tiña como alicerce unha lingua de seu, menosprezada, arredada da escrita, das táboas do teatro, en definitiva menosprazada.

18671789_1358893974194332_6341698125694593551_o

Para iso a nosa oferta foi plural, divertida, lúdica, engaioladora, mais tampouco descoidamos o formativo e o educativo. Os maiores disfrutaron nas festas do nadal cos reis, nas do entroido coas comparsas e co enterro do entroido. Cada festa da parroquia contou coa nosa colaboración máis directa. No verán os máis pequenos encontraron na Casa dos Veciños (e antes en calquera galpón da aldea) un espacio onde xogar, mais tamén un espacio onde aprender divertíndose. Non esquecemos a saúde, a pintura, os distintos obradoiros de música ou de artesanía. O sector agrícola contou coa nosa pequena axuda trala celebración dunhas xornadas agrarias. Tamén o asociacionismo bergantiñán tivo espacio para o debate na Casa dos Veciños.

18588949_1360322684051461_272246027457363383_o

Escritores como Manuel María, Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra, Fina Casalderrey, o grupo Brais Pinto ou o Batallón Literario da Costa da Morte, teñen as súas placas de homenaxe nos soportais da Casa dos Veciños. Eles visitáronnos gustosos, alentados tamén pola longa sombra pondaliana.

18671618_1360322440718152_4066484177531260419_o

A música galega tamén formou parte das Letras. Grupos folc como A Quenlla, Milladoiro, Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño, Guadi Galego, Xabier Díaz, Uxia Senlle, Saraibas, Leilía, Cempés, e outros encheron de maxia o ceo do Monte Branco. Grupos de danza tradicional, gaiteiros, bandas de música, orquestras de cámara, escritores que cada ano presentan a súa colleita no salón de actos da nosa sé social, xunto con un longo etcétera, foi conformando día a día, maio a maio, o noso cativo ramo de flores.

FESTILETRAS 2018 (16-20 MAIO)

30741257_1672334996183560_4465533383765655552_o

Un paisaje en cada paso