Gende Estudio

Autocares Pedro Pombo (Malpica)>>

O noso amigo Alberto deixounos, antes do seu pasamento, unha última obra, un logo maxistral que é este Traski.

Nós queriamos algo que fose característico desta costa, algo que orientase aos viaxeiros no seu viaxe por esta Costa da Morte. Baraxamos moitas opcións e quedámosnos con dúas: Alberto decía un percebiño e nós queríamos un trasno. Ao final, despois de darlle un par de voltas, decidimos que fora o trasno, mais que nada pola maior posibilidad de moverse ou o que fixera falta, ademáis de representar mellor a maxia desta terra.

Gende Estudio

Unha vez decidido, Alberto non precisou máis que darlle un par de trazos e facer este trasno que ten moito del, sobre todo, ese brilliño nos ollos.

Foi a partires do verán do 2012 cando, meses despois de deixarnos Alberto, decidimos coller con máis forza que nunca aquel vello proxecto dun camiño que unise pola beira do mar toda a costa entre Malpica e Fisterra.

Alberto estivo sempre con nós neste Camiño e sempre estará con nós. Un gran ARTISTA, polifacético e, sobre todo, un gran AMIGO.

Gende Estudio

Máis a vida continúa, e o seu irmán Xoán segue co estudio que tiñan os dous e sigue apoiando en todo o que pode este proxecto do Camiño dos Faros.

Moitas gracias por todo, irmáns!!!

Gende Estudio

Un paisaje en cada paso