Archivo de la categoría: Trasnos

Rosa Vaamonde, trasna e filósofa

Rosa Vaamonde, trasna e filósofa: ” Todo comezou nun bar de Malpica cando uns trasnos soñaron con abrir camiño ata Fisterra pola beira do mar… Decididamente, hai cousas pequenas que se poden facer grandes. Soamente hai que querelas.

E non, non me botaron droja no colacao. Foi milagre… Ou meigallo, ou trasnada, ao final déixovos decidir a vós, así toda magnánima, coma o goberno pero en campaña electoral. Vémonos por Fisterra e xa me contades.”

Las crónicas de Rosa en su blog son imperdibles

Rebeca Mosteiro

Rebeca Mosteiro: Ás veces estás vivindo con tanta intensidade unha lectura, con tanta realidade, que cando consigues despegar a cabeza do libro e erguer a vista cara fóra, decátaste de que che doe todo o corpo porque levas horas vivindo, bebendo, sen decatarte do que pasaba fóra daquelas páxinas… O camiño dos faros é o mesmo pero ó revés, como reflectido nun espello… vívelo con tanta intensidade que só cando todo rematou notaches que che doían os pés e que cando deixaches de mirar aquel mar te decataches de que todo o que te rodea é realmente ficción porque a verdadeira vida, está alí, no mar da Costa da Morte. E dende entón non podo evitar querer volver unha e outra vez a asulagar o espírito das súas emocións…. Grazas Trasnos.

Cesáreo Pardal, secretario del Cluster de Turismo de Galicia

Cesáreo Pardal, presidente da Federación Galega de Turismo Rural: ” La gran labor que está haciendo el grupo de TRASNOS, comandados por Traski Costa da Morte, no tiene precio. El sector turístico tenía que estar de enhorabuena por encontrar personas que tan desinteresadamente promocionen un destino como es A COSTA DA MORTE de esta forma. Deberían de volcarse hoteles, casas rurales, bares, concellos…

Allí estaremos apoyando esta gran iniciativa que deberá de ser respaldada por alguna administración pública, grupo de desarrollo local, asociación, federación, concello… a la hora de promocionar un destino.”

Majo

Majo dice: “Este camino es diferente. Consigue ke veas lugares ke no podrías ver, pisar senderos a los ke no podrías llegar. Cuando piensas ke el paso siguiente no te va a sorprender, aparece un rincón más bonito todavía… Es soledad, es silencio, provoca ke no te plantees hablar ni describirlo, por si se rompe la magia.
Kieres plasmar cada imagen para hacerla inolvidable pero ninguna se acerca a la realidad, simplemente hay ke estar en el, vivirlo, sufrirlo y entonces te apasiona y te envuelve, no kieres ke se acabe.
He vuelto a la ciudad y busco las flechas verdes, para ver si puedo llegar a el. Este es mi camino, sin duda, O Camiño dos Faros”

Dolo Caamaño

Dolo Caamaño dice: ” Dicen que la felicidad no es una estación a la que llegar, sino una forma de viajar… Yo ya he encontrado mi camino de felicidad: O Camiño dos Faros”

Manuel Sendón, doctor en Bellas Artes

Manuel Sendón, doctor en Bellas Artes, profesor de Fotografía en la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra y responsable del Grupo de Investigaciones Fotográficas de la Universidad de Vigo

“A experiencia do Camiño dos Faros permite un achegamento a Costa da Morte moito máis intenso do que poden proporcionar as imaxes.

Parabéns polo proxecto, que difunde o carácter específico da nosa costa como non se tiña feito antes. Gustaríame suxerirvos, dende admiración polo voso traballo e pola xenerosidade con que o realizachedes, que se vería completado maxistralmente se empregarades o galego nas publicacións, pois o idioma é outra das características que nos definen.

Paréceme moi correcto o que demandades das institucións, penso que teñen a obriga de conservar o que vós nos legáchedes, e o que é a súa obriga, facer que toda a contorna non se deturpe. A diferencia doutras zonas do litoral galego, na Costa da Morte aínda temos grandes áreas onde o territorio non foi agredido polo cemento, non podemos consentir que se destroce irracionalmente.”

José Ramón Varela Rey, ex-alcalde de Malpica

José Ramón Varela Rey, ex-alcalde de Malpica: “Admirable o traballo dos organizadores: itinerario moi currado, moi bo trato cos participantes e, sobre todo, moito altruismo detrás de todo esto. Creo que é a maior promoción que fixo nunca da nosa Costa da Morte. Moito ánimo a todos e gracias por permitirme participar de tan importante evento.”

Emilio Romanos

Dende Monforte, coa súa cámara ó lombo e desfrutando moito da ruta, chegou Emilio Romanos a este Camiño dos Faros. Só estivo en tres etapas, mais o seu bó facer queda reflexado nas súas fotografías. Gracilas Milu!

– ¿Que significou pra ti O Camiño dos Faros?
A oportunidade de coñecer unha parte das nosas costas, xa coñecida para min, pero de un xeito totalmente diferente, moito mais atrainte. Chegar a lugares que de outro xeito nunca chegaria.

– ¿Qué che pareceu o recorrido?., ¿é duro físicamente?
Polo xeral, non é moi duro, ainda que ten tramos que a xente menos preparada lles poderia costar un pouquiño mais, pero non os afeccioados os sendeiros, que será a xente que o percorra. Polo xeral o percorrido gustoume moito, sobre todo os tramos de sendeiros de pescadores lonxe do asfalto.

– Como aficionado á fotografía, ¿qué pode aportar O Camiño dos Faros a un fotógrafo?
Rincones únicos, inalcanzables de outro xeito, paisaxes idilicas e luces sorprendentes. De todolos xeitos de habelo percorrido como “fotografo” me levaría 4 veces mais de tempo. Deixei moitos lugares na mente para voltar a fotografiar con mais calma e mellor luz, praias, cantís…todos os fotografos sabemos que os solpores da costa da morte son os mais fermosos da nosa terra…archicoñecidos os de Fisterra e Lires…pero en calquera sitio que te pille poderias facer fotos impresionantes.

– ¿Como se podería facer para compatibilizar a conservación tal como está agora desta Costa da Morte con o turismo e atraer xente para que coñeza este Camiño dos Faros?
Eu penso que a xente que vai facer esta ruta, polo xeral, e xente amante da natureza e dos sendeiros, xente respetuosa co entorno e a sua conservacion. E mais, conseguiriase atraer un tipo de montañero/sendeirista, coma min, que de outro xeito non se achegaria a zoa, pouco mais que de paso. A mellor forma de dalo a coñecer e a que estades a levar a cabo, dala a coñecer camiñando coa xente e as redes sociais, as fotos que se fan e o boca a boca. Tentala introducir en paxinas propias dos montañeiros, e por suposto, traballar para conseguir unha homologacion e sinalizacion axeitada a un sendeiro de estas caracteristicas. Involucrar os locais e comerciantes da zoa que nos viron e viron o potencial economico que ten para os pobos.

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cal é teu slogan?
Pareceme perfecto o que tedes, non se me ocorre nada mellor, porque é totalmente certo.

Antonio

Antonio chegou dende Pontevedra á Costa da Morte pra recorrer as cuatro últimas etapas. Calqueira que comece na etapa Arou-Camariñas non ten solución , xa non para ata Fisterra…

– ¿Que significou pra ti O Camiño dos Faros?
Para mín, o Camiño dos Faros significou varias cousas moi interesantes; por mencionar algunha: é unha forma de dar a coñecer a nosa terra tan fermosa que temos, dunha maneira saudable.

– ¿Qué che pareceu o recorrido?., ¿é duro físicamente?
Non me pareceu duro físicamente; pois está ó alcance de calquera persoa mínimamente preparada, tendo en conta que ós que nos gusta a natureza xa o estamos.

– ¿Cal é o lugar que máis che gustou do Camiño dos Faros?
É moi difícil valorar cal é o lugar máis bonito, xa que todo é precioso, pero por contestar á pregunta: o Monte Branco.

– ¿Como se podería facer para compatibilizar a conservación tal como está agora desta Costa da Morte con o turismo e atraer xente para que coñeza este Camiño dos Faros?
Esta pregunta non ten resposta; o ser humano estamos condenados a autodestruirnos. A non ser que se endureceran as penas contra os atentados á natureza.

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cal é teu slogan?
O slogan é inamomible; os que o fixeron sábeno mellor que ninguén.