O IES Urbano Lugrís de Malpica no Camiño dos Faros

41 rapaces, 9 profes e 5 trasnos do IES Urbano de Lugrís de Malpica fixeron  un anaco de Camiño dos Faros. 

Unha profe di: “Estupendo, xenial. Un roteiro perfectamente organizado, adaptado e secuenciado, que nos permitiu descubrir a profesores e alumnado un novo tramo da nosa costa. Grazas aos trasnos e parabéns polo voso traballo. Queremos seguir contando con vós na educación das novas xeracións. Grazas, mil grazas!!!”