Xosé Regueira (Diputación) habla de O Camiño dos Faros

Xose Regueira, responsable de Turismo de la Diputación, habla de O Camiño dos Faros y del proyecto de homologación

Xosé Regueira: «O Camiño dos Faros é unha iniciativa da que estamos moi orgullosos,todo éasí que a presentamos no Fitur deste ano 2016 e coa que estamos traballando con 9 concellos e máis a entidade promotora. Estamos tramitando un convenio que se está alongando moitísimo porque a Deputación é unha entidade que fiscaliza moitísimo todo o que fai. A verdade é que levamos 10 longos meses de tramitación pero sí tenemos un convenio coa entidade e máis cos concellos porque consideramos que é un producto de primeiro nivel na provincia da Coruña.

E espectacular, o éxito que se está conseguindo é magnífico e o que sí temos que ser coidadosos en no morrer de éxito e preservar tamén as contornas sensibles a nivel medioambiental pola que discurre o camiño pero creo que o está facendo magníficamente toda a asociación dos trasnos. E polo tanto, evidentemente, este é un recurso que en moi pouco tempo se ten afianzado no que é a oferta da Costa da Morte. Ademáis xente de todo tipo de procedencia ven expresamente a facer ese recorrido.

Teño que decir que en Carballo hai mou pouco tempo había un montón de persoas de Euskadi. Carballo non ten tampouco Camiño dos Faros, pero que estaban tomando algo nas terrazas de Carballo e estaban visitando diferentes establecimentos da vila e ainda que non teñamos Camiño dos Faros tamén nos beneficia que exista ese recurso. Ogallá nun futuro os convezca que se poda ampliar ata Laracha pero bueno, como está a cousa dura seguirei insistindo, pero eu creo que tal como está sí que é un recurso fantástico.

Unha das partes do convenio é axudar á xestión para conseguir a homologación. Eu agardo que neste ano 2016, como moi tarde o primeiro trimestre do 2017 eles consigan a homologación. Evidentemente é fundamental para nós porque é un recurso formidable.»