O Camiño dos Faros, Premio Galicia de Turismo Sostenible

En primeiro lugar queremos agradecer en nome da Asociación ao Cluster e a Xunta este premio ao Turismo Sustentable. Pero queremos adicarllo sobre todo a todos aos voluntarios que fixeron posible este camiño e especialmente a Pablo, a Antón, a Marga e a Dani, que foron eses 4 primeiros trasnos que iniciaron este proxecto hai xa 7 anos.

Son trasnos que traballaron moitísimo e sen recursos pero sobre todo contaban co que nós pensamos que é o mais importante: vontade e corazón.

O Camiño dos Faros é hoxe, en palabras de Lis Nielsen, ex-presidenta da Federación Europea de Sendeirismo, unha das rutas con máis potencial en toda Europa. Pero para nós e moitísimo máis que iso. Gracias ao Camiño dos Faros conseguimos desenvolver outro tipo de proxectos paralelos. Fomos, por exemplo, pioneiros en España no proxecto de Google Street View, puidemos sacar outros proxectos nos que traballamos con familias e con nenos a través do Camiño dos Faros Infantil, ou incluso traballamos con personas con algún tipo de problema disfuncional no Camiño dos Faros Inclusivo.

Pero sobre todo O Camiño dos Faros colaborou na economía circular do noso entorno. Non só conseguimos aumentar os beneficios das empresas do noso entorno, tanto as do sector turístico coma taxistas ou supermercados, senón que O Camiño dos Faros dou cobertura incluso á creación de novas empresas.

Esta quizás sexa a parte bonita que todos coñecedes da nosa historia, é a cara A. Pero como moitos proxectos o noso tamén ten unha cara B.

E esa cara B é a da frustración. É o que nos leva agora mesmo a estar cansadísimos non co proxecto, que é algo no que creemos tremendamente, senón que estamos cansados de pelearnos constantemente e bater contra paredes.

Por iso, queremos cambiar este Premio Galicia ao Turismo Sustentable pola homologación como Ruta de Gran Recorrido GR que permita a todos os usuarios poder desfrutar do camiño sen problema e que permita aos concellos, que o están desexando ademáis, poder manter o trazado deste camiño en condicións adecuadas.

Cambiamos este Premio Galicia ao Turismo Sustentable por unha resposta da Conselleria de Medio Ambiente ao estudio que presentamos xa hai 6 meses de Impacto Medioambiental e no que estiveron traballando os técnicos durante máis de 2 anos.

Pedímoslle a Turismo de Galicia que se implique de verdade neste proxecto.

E por último cambiamos este Premio Galicia ao Turismo Sustentable para que todos aqueles aos que corresponda usen iso que os trasnos temos demostrado que nos sobra: vontade e corazón.

Por iso decirvos que quizás Galicia a construamos entre todos nós pero so uns poucos teñen nas súas mans que esto perdure. E xa non somos nós.

Gracias

Entrevista en Radio Nordés, donde nuestra presidenta amplia un poco más la explicación de porque estamos tan cansados.