Onte estivemos falando do proxecto Camiño dos Faros no II Simposio Dólmen de Dombate. Contámoslle do noso empeño en sair 10 kilómetros da costa para poder pasar por Borneiro, Dombate e o Monte Castelo, nesta terceira etapa.
Despois, para descontraer un pouco, a profe Vero e os seus nenos de primaria de Portonovo contáronlle aos profesores presentes as actividades que levamos feito no eido da educación e o proceso de como converteu a Traski e ao Camiño dos Faros nunha ferramenta de aprendizaxe fantástica.
Para rematar, como non, a Traskiband púsolle as notas musicais a esta charla.
Graciñas por invitarnos, esperamos que a organización e os presentes sairan contentos.
Seguimos inspirando. Isto non se para!