20840952_1445224618897582_8292024345874315983_n

Sabela Romar, corresponsal da TVG en Bruxelas

Sabela (trasna, de Corcubión e corresponsal da TVG en Bruxelas):

“A verdade é que calquera felicitación que se vos dea é pouca porque facedes un traballo impecable coa promoción e o cariño que imprimides na ruta. Eu ando estes días de vacacións e sempre que podo busco sendeiros pola costa e percorro tramiños do Camiño dos Faros. É unha xoia absoluta e o mérito é voso. Unha idea xenial cun plantexamento acertado e un seguemento moi profesional. Hai belgas, franceses, alemáns, holandeses… non falta ningunha nacionalidade. En serio, parabéns polo esforzo!

O sentir “anti còdigos QR ” ten máis forza e alma que nada, e iso é o valor do Camiño dos Faros realmente. A paisaxe xa a tiñamos, había que enchela de vida e darlle un sentido e unha utilidade. Agora o proxecto medra e a Costa da Morte ten un novo aliciente para os da casa e para os de fora.

Un 10 é pouco para a iniciativa. Non son a única que pensa así, non escoitei ainda a ninguén falar mal do Camiño dos Faros. Quen o fixo fala con entusiasmo. Eu quedei enganchada, tal cual.

Hai que poñer historias e mans detrás de cada proxecto. Hai que sentir que hai alguén detrás porque é o que diferencia a calquera outra iniciativa. Rutas de sendeirismo hai moitas, Camiño dos Faros ou algo parecido, seguro que tamén… pero que teña alma e certa identidade e vida como este hai poucos.

Se logrades manter a autenticidade, serà un gustazo presumir de costa accesible, sensible e para tocar coas mans e os pés. Hai moita xente que pensa coma vós e que entendemos que hai que facer as cousas un pouco mellor na costa para que sexa todo máis sustentable a longo prazo. Hai que botarlle ganas e sensibilidade.

Parabéns porque todos os costeiros nos beneficiamos do voso traballo. Parabéns de verdade, o esforzo é tremendo. No que poida colaborar, encantada!;))”