14444802_1112354562184591_8754602759412015257_o

O Camiño dos Faros, básico en los rescates en la costa

O CAMIÑO DOS FAROS, BASICO NA CHEGADA A TEMPO DOS SERVICIOS DE RESCATE DUN PERCEBEIRO

Hoxe ás 14:00 un percebeiro caía nas rocas situadas entre A Mundiña e a Punta do Padrón, na costa de Cabana, levando un forte golpe na cabeza. O seu compañeiro daba aviso e moviliza aos servicios de Protección Civil e Urxencias.

Gracias a que existe O CAMIÑO DOS FAROS, o GES de Ponteceso chega en poucos minutos e depois os equipos de Protección Civil e Bombeiros de Carballo . Analízase a situación, un bó golpe na cabeza, fánselle os primeiros auxilios e decídese chamar a un helicoptero que o leva para o hospital, onde permanece ingresado na UCI (ogallá se recupere pronto)

Falando co GES de Ponteceso as palabras textuales son: “Para nós é básico O Camiño dos Faros. Foino hoxe, que nos permitiu abordar o rescate e chegar ao punto por dous sitios diferentes e foino cando o pescador que caera ao mar en Nariga, porque puidemos peinar a zona perfectamente.

Que estean todos esos camiños limpos nos permiten abordar moito mellor todas as emerxencias que surxan na costa. Sempre imos chegar antes. E publica esto coas nosas palabras: Nós necesitamos O Camiño dos Faros”.

Fai 4 anos non chegarían por terra, aquelo era unha selva…

Vídeo del rescate: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2016/09/20/rescatan-helicoptero-percebeiro-herido-cabana/00031474393660477408925.htm