IMG_20160724_201230

Festa despedida da 6ª Edición

Como vos levamos dito, quedamos moi contentos da xente desta edición e do bó rollo dende o primeiro día. E por eso queremos facer unha última ruta slow e unha pequena festa ao chegar a Barizo.

A partir das 10 da mañá faremos unha ruta slow Malpica-Barizo (13 Km). A ruta slow é que ti arrancas ás 10 de Malpica e tes que chegar ás 6 da tarde a Barizo. O que normalmente se fai en 4 horas hai que facelo en 8. Date un chapuzón, párate, saca una foto, desfruta… que xa chegarás.

O planning é o seguinte (pode ter variacións ou incorporacións de ultima hora)

DOMINGO 24 DE XULLO
10:00 Quedada no Bar Xan (Barizo). Haberá unha leira para aparcar os coches
10:30 Saída Bus Barizo-Malpica (gratuito cortesía de Autocares Pedro Pombo)
11:00 Saída Porto de Malpica
12:00 Mirador de San Adrián (agrupamento)
12:05 Charla na Punta de San Adrián, o punto máis perto das Sisargas. Adrián Abella, gran coñecedor da historia da Illa e David Verdes, unha das últimas persoas que traballou neste faro, nos contarán a historia e anécdotas da vida nesta isla. Se non fai moito vento, tentarémos grabala.
13:30 Chegada a Beo. Chapuzón, avituallamiento, relax…
16:00 Saída da Praia de Beo. Este horario é totalmente aproximado e co obxetivo de andar o máis xuntos posibles. Pero cada un que o faga ao ritmo que queira.
16:30 Chegada á Praia de Seiruga
18:00 Saída Praia de Seiruga
19:00 Chegada ao Bar Xan. Facede a etapa como queirades pero pedímosvos non chegar antes desta hora ao Bar Xan
20:00 Churrascada gratuita no Bar Xan (Barizo). A asociación pon a carne e asa, e o bar vende as bebidas
22:00 Solpor
22:30 Concerto da Traskiband

LUNS 25 DE XULLO
13:30 Sesión Vermú da Traskiband no Pub Escaravello en Laxe