12887351_10208650693246090_1891516136_o

O Camiño dos Faros na Mostra do Encaixe

O CAMIÑO DOS FAROS PRESENTE NA XXVI EDICION DA MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

Dende Camariñas quiseron contar con nós nesta XXVI Edición da Mostra do Encaixe. Dentro do stand do concello tivemos información do Camiño en folletos e algún dos nosos posters.

Ademáis, unha pantalla estivo continuamente programando videos do Camiño dos Faros en xeral e das etapas de Camariñas en particular.

Durante o xoves participamos no programa Galicia por Diante que fará a Radio Galega en directo na mesma mostra e, pola tarde, fixemos unha pequena presentación do proxecto.