Rebeca Mosteiro

Rebeca Mosteiro: Ás veces estás vivindo con tanta intensidade unha lectura, con tanta realidade, que cando consigues despegar a cabeza do libro e erguer a vista cara fóra, decátaste de que che doe todo o corpo porque levas horas vivindo, bebendo, sen decatarte do que pasaba fóra daquelas páxinas… O camiño dos faros é o mesmo pero ó revés, como reflectido nun espello… vívelo con tanta intensidade que só cando todo rematou notaches que che doían os pés e que cando deixaches de mirar aquel mar te decataches de que todo o que te rodea é realmente ficción porque a verdadeira vida, está alí, no mar da Costa da Morte. E dende entón non podo evitar querer volver unha e outra vez a asulagar o espírito das súas emocións…. Grazas Trasnos.