15241142_1199987040077272_4896626864316739376_n

Manuel Sendón, doctor en Bellas Artes

Manuel Sendón, doctor en Bellas Artes, profesor de Fotografía en la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra y responsable del Grupo de Investigaciones Fotográficas de la Universidad de Vigo

“A experiencia do Camiño dos Faros permite un achegamento a Costa da Morte moito máis intenso do que poden proporcionar as imaxes.

Parabéns polo proxecto, que difunde o carácter específico da nosa costa como non se tiña feito antes. Gustaríame suxerirvos, dende admiración polo voso traballo e pola xenerosidade con que o realizachedes, que se vería completado maxistralmente se empregarades o galego nas publicacións, pois o idioma é outra das características que nos definen.

Paréceme moi correcto o que demandades das institucións, penso que teñen a obriga de conservar o que vós nos legáchedes, e o que é a súa obriga, facer que toda a contorna non se deturpe. A diferencia doutras zonas do litoral galego, na Costa da Morte aínda temos grandes áreas onde o territorio non foi agredido polo cemento, non podemos consentir que se destroce irracionalmente.”