milucho

Emilio Romanos

Dende Monforte, coa súa cámara ó lombo e desfrutando moito da ruta, chegou Emilio Romanos a este Camiño dos Faros. Só estivo en tres etapas, mais o seu bó facer queda reflexado nas súas fotografías. Gracilas Milu!

– ¿Que significou pra ti O Camiño dos Faros?
A oportunidade de coñecer unha parte das nosas costas, xa coñecida para min, pero de un xeito totalmente diferente, moito mais atrainte. Chegar a lugares que de outro xeito nunca chegaria.

– ¿Qué che pareceu o recorrido?., ¿é duro físicamente?
Polo xeral, non é moi duro, ainda que ten tramos que a xente menos preparada lles poderia costar un pouquiño mais, pero non os afeccioados os sendeiros, que será a xente que o percorra. Polo xeral o percorrido gustoume moito, sobre todo os tramos de sendeiros de pescadores lonxe do asfalto.

– Como aficionado á fotografía, ¿qué pode aportar O Camiño dos Faros a un fotógrafo?
Rincones únicos, inalcanzables de outro xeito, paisaxes idilicas e luces sorprendentes. De todolos xeitos de habelo percorrido como “fotografo” me levaría 4 veces mais de tempo. Deixei moitos lugares na mente para voltar a fotografiar con mais calma e mellor luz, praias, cantís…todos os fotografos sabemos que os solpores da costa da morte son os mais fermosos da nosa terra…archicoñecidos os de Fisterra e Lires…pero en calquera sitio que te pille poderias facer fotos impresionantes.

– ¿Como se podería facer para compatibilizar a conservación tal como está agora desta Costa da Morte con o turismo e atraer xente para que coñeza este Camiño dos Faros?
Eu penso que a xente que vai facer esta ruta, polo xeral, e xente amante da natureza e dos sendeiros, xente respetuosa co entorno e a sua conservacion. E mais, conseguiriase atraer un tipo de montañero/sendeirista, coma min, que de outro xeito non se achegaria a zoa, pouco mais que de paso. A mellor forma de dalo a coñecer e a que estades a levar a cabo, dala a coñecer camiñando coa xente e as redes sociais, as fotos que se fan e o boca a boca. Tentala introducir en paxinas propias dos montañeiros, e por suposto, traballar para conseguir unha homologacion e sinalizacion axeitada a un sendeiro de estas caracteristicas. Involucrar os locais e comerciantes da zoa que nos viron e viron o potencial economico que ten para os pobos.

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cal é teu slogan?
Pareceme perfecto o que tedes, non se me ocorre nada mellor, porque é totalmente certo.