antonio

Antonio

Antonio chegou dende Pontevedra á Costa da Morte pra recorrer as cuatro últimas etapas. Calqueira que comece na etapa Arou-Camariñas non ten solución , xa non para ata Fisterra…

– ¿Que significou pra ti O Camiño dos Faros?
Para mín, o Camiño dos Faros significou varias cousas moi interesantes; por mencionar algunha: é unha forma de dar a coñecer a nosa terra tan fermosa que temos, dunha maneira saudable.

– ¿Qué che pareceu o recorrido?., ¿é duro físicamente?
Non me pareceu duro físicamente; pois está ó alcance de calquera persoa mínimamente preparada, tendo en conta que ós que nos gusta a natureza xa o estamos.

– ¿Cal é o lugar que máis che gustou do Camiño dos Faros?
É moi difícil valorar cal é o lugar máis bonito, xa que todo é precioso, pero por contestar á pregunta: o Monte Branco.

– ¿Como se podería facer para compatibilizar a conservación tal como está agora desta Costa da Morte con o turismo e atraer xente para que coñeza este Camiño dos Faros?
Esta pregunta non ten resposta; o ser humano estamos condenados a autodestruirnos. A non ser que se endureceran as penas contra os atentados á natureza.

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cal é teu slogan?
O slogan é inamomible; os que o fixeron sábeno mellor que ninguén.