suso-lista-no-roncudo

Suso Lista, escritor e ex-percebeiro

Suso Lista: artista multidisciplinar e ex-percebeiro:

“Esta ruta é o claro exemplo de como se deben facer as cousas, xa non só no ambiente de rutas e de turismo, en todos os ámbitos. Porque éstes rapaces comenzaron con moita ilusión, sen un peso e o que están facendo é promocionando de verdad, auténticamente, o que é a Costa da Morte.

Eu sempre digo que o que están facendo eles é un turismo non de turistas, senon de personas. Esta ruta o que fai é unir a xente que fai o camiño, cada vez máis por certo.

E chámase O Camiño dos Faros na Costa da Morte. Esta sí que é A Costa da morte, porque van metro a metro, paso a paso, por toda a costa. Acantilados, praias, furnas, sitios que só se poden ver se fas a ruta.

Ainda que pareza mentira, eu sí que sabía que ían ter este éxito. Porque xa dende o principio, igual que falaron conmigo, falaron con máis xente e vinlle unhas ganas e unha ilusión de recuperar estes camiños, moitos deles xa perdidos e abandonados. Entón eles informáronse a pé de cada pobo, falaron co que sabía e dixeron mira, para ir deste sitio a este como facemos. Enton tiveron todo o apoio do mundo tamén, porque se viu que os rapaces tiñan muita ilusión. E, sobre todo, os que somos daquí viamos que era un proxecto completamente viable. Encima, que no pedían nada, eles sós cun fouciño e cun jallete dedicáronse a abrir todo ese camiño. Con esta ilusión e estas ganas creo que non pode sair nada mal.

E despois, claro, a xente, tan pronto cando coñece o sitio, cando coñece a verdadera, a auténtica Costa da Morte… repite, e cóntao, e dío, e volve todo o mundo… porque esto é maravilloso. Vivimos nun paraiso. Vámonos a coecer Atenas, Estambul, vamos a Punta Cana… cando temos esto eiquí que é a reostia”.