Mary Pérez

A trasniña Mary foi unha das alegrías de este Camiño dos Faros. Con moita superación empezou en Laxe e case sen querer xa está en Fisterra. Un orgullo para todos os trasnos!

– ¿Que significou pra ti O Camiño dos Faros?
Para min o camino dos faros foi un gran reto a nivel persoal e emocional. Persoal polo esforzó que a min me supuxo polas circunstancias que estaba atravesanso e emocional polos recordos a o meu pai. Por ser filla dun mariñeiro a paisaxe faciame ver todo o recorrido polo meu pai, e o mesmo tempo acordadame do significado que tiñan as sinais dos faros “tan importantes para os mariñeiros”

– ¿Qué che pareceu o recorrido?., ¿é duro físicamente?
O camino pareceume duro pero non imposible. Fixome ver que “SI SE PODE” e coa axuda dos tranos moito mais.

– ¿Cal é o lugar que máis che gustou do Camiño dos Faros?
Non pensó decir un lugar en concreto porque a ruta en si con todo o seu recorrido foi moi fermosa. o que si quero destacar e que sin o voso apoio fariaseme moi complicado. En todo momento sentinme apoiada por os trasnos e sentinme acollida como una trasna mais. Esquencinme das miñas limitacions e disfrutei dunha experiencia maravillosa. Cada etapa fixome ver que a prova estaba superada o cal supuxo un reto persoal moi grande para min.

– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cal é teu slogan?
O CAMIÑO DOS FAROS…UNHA PAISAXE EN CADA PASO ….ENTRE TODOS FAGAMOS POR COMPARTILO E COIDALO”
E como todas as etapas dediqueillas a algunha persoa moi especial para min…..esta vai por ti CONCHI que estas a pasar momentos difíciles. Pola miña familia e por todos os trasnos. “SI SE PODE”