Carmencita é nosa trasna de Malpica. Disfrutou do Camiño dos Faros dende o primeiro día e tamén deixou para a posteridade moitos bós momentos e un bó feixe de fotografías. Graciñas che!
– ¿Que significou pra ti O Camiño dos Faros?
Foi unha experiencia xenial. O camiño din que se fai andando, pero a riqueza do trayecto non está solo ahi. O compartir cos compañeir@s as vivencias, e todo o que vai implicado en tantas horas de andarea non ten precio. Conocin xente especial , para min é o mais significativo.
Por descontado a nosa costa é espectacular, e desde aqui os meus parabens a quen puso en marcha todo esto. Todo un acerto!
– ¿Qué che pareceu o recorrido?., ¿é duro físicamente?
Fisicamente podese con eso, de feito viñeron xente de todas as edades. Unhas foron mais duras que outras pero xa se contaba
– ¿Cal é o lugar que máis che gustou do Camiño dos Faros?
Disfrutei de cada sitio por donde pasei !! a maioria non os conocia indo pola costa. Todos teñen encanto!
– ¿Como se podería facer para compatibilizar a conservación tal como está agora desta Costa da Morte con o turismo e atraer xente para que coñeza este Camiño dos Faros?
Todos deberiamos axudar para conservar o noso patrimonio, non facéndolle mal xa facemos moito ben. O boca a boca fai moito, e calquera de nós non ten mais que contar as maravillas que vimos facendo este esplendido camiño dos faros.
– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”..¿Cal é teu slogan?
“Vamola andando”