1500813_558964647523588_1600192067_o

Premio Alberto Gende para Traski e O Camiño dos Faros

Este venres 27 de decembro ás 11 da noite entréganse os Premios Alberto Gende en Carballo, que este ano van para Traski Costa da Morte e O Camiño dos Faros.

ESPERÁMOSVOS A TODOS OS TRASNOS QUE QUEIRADES VIR CO VOSO TRASKIFORRO PRA RECOLLER ESTE PREMIO QUE É DE TODOS E QUE RECOLLERA O NOSO MATEO, UN TRASNIÑO DE 7 ANOS QUE REFLEXA COMO NINGUEN ESTE ESPÍRITU TRASKI.

Os trasnos non queremos premios, o noso maior premio é que a xente faga O Camiño dos Faros, e ese penso que ímolo gañando pouco a pouco.

Pero este premio é moi especial. O noso amigo Alberto deixounos, antes do seu pasamento, unha última obra, un logo maxistral que é este Traski.

Nós queriamos algo que fose característico desta costa, algo que orientase aos viaxeiros no seu viaxe por esta Costa da Morte. Baraxamos moitas opcións e quedámosnos con dúas: Alberto decía un percebiño e nós queríamos un trasno. Ao final, despois de darlle un par de voltas, decidimos que fora o trasno, mais que nada pola maior posibilidad de moverse ou o que fixera falta, ademáis de representar mellor a maxia desta terra.

Unha vez decidido, Alberto non precisou máis que darlle un par de trazos e facer este trasno que ten moito del, sobre todo, ese brilliño nos ollos.

Nese momento, Traski era unha parte máis dun proxecto turístico da Costa da Morte e permaneciu descansando un tempo. Non tiña nada que ver co Camiño dos Faros, que aínda non existía e non era máis que unha idea lonxana que algún día queriamos facer.

Foi a partires do verán do 2012 cando, meses despois de deixarnos Alberto, decidimos coller con máis forza que nunca aquel vello proxecto dun camiño que unise pola beira do mar toda a costa entre Malpica e Fisterra. E reciclamos o Traski porque era perfecto para esta aventura.

Alberto estivo sempre con nós neste Camiño e sempre estará con nós. Un gran ARTISTA, polifacético e, sobre todo, un gran AMIGO. Coido que nunca me rin tanto cunha persoa como con él e algún dos pitirrichis. Podería estar falando horas, recordando detalles e moitas risas, pero prefiro que moitos deses recordos permanezcan nas nosas cabezas, e de seguro permanecerán por sempre.

Por eso este premio nos fai moita ilusión, moitísima máis do que vos poda parecer. E estaremos alí todos os trasnos pra recibilo. Queremos que estedes todos os que poidades. Esperámosvos a todos!

TRASKI NON É NENGUNHA PERSONA. TRASKI SON UN GRUPO DE TRASNOS QUE RECORREN ESTE CAMIÑO DOS FAROS DENDE MALPICA A FISTERRA INSPIRANDO A OUTROS PARA QUE OS SIGAN