2ª Edición: Festa Fin do Camiño

Como colofón, todos los trasnos celebraron el fin de este Camiño dos Faros con una queimada, con la que Roberto Traba Velay resumió perfectamente esta aventura. Voltaremos!

De Malpica ata Fisterra
bordeando todo o mar
viñeron abrindo paso
como se fora un cantar
unha tropilla de trasnos
que gosta de camiñar.

Ao primeiro eran moi poucos
media ducia e máis dous cans,
logo foron vinte e cinco
e despois viñeron máis
tantos tantos tantos tantos
que non se podían contar.

Trasnos de todas as bandas
da aldea e máis da cidá
Trasnos altos, trasnos baixos
novos, vellos, que máis da,
Trasqui-lentos, trasqui-raios,
trasqui trasqui triquitrá

Todos facendo trasnadas
indo de aquí para alá
buscando entre os verdes toxos
un sitio por onde pasar
e pintando flechas verdes
nunha pedra ou nun piñar
para que o canso viaxeiro
poda o camiño atopar.

Sen importarlle as vexigas
nin as dores de riñón
o primeiro día chegaron
ata a praia de Niñóns.
Como quedaron contentos
con aquela expedición
decidiron que a viaxe
tivera continuación.

Na segunda das etapas
de Niñóns a Ponteceso
camiñaron tan campantes,
tan lixeiros e tan tesos.
que eu non sei porque sería
máis agora que o penso
sería que ca experiencia
xa levaban menos peso.

Chegou o terceiro día
de Ponteceso ata Laxe
por Dombate e por Borneiro
proseguiron a viaxe
entre cantigas e lendas
de druidas e brevaxes
levando na súa mochila
a ilusión coma equipaxe.

Para a cuarta das xornadas
que remataba en Arou
xa superaban o cento
e todo o mundo notou
que había moitos máis trasnos
aos que a idea lles gustou
e dixéranse a sí mesmos
eu con eles tamén vou.

O quinto día de marcha
por ahí xa están contando
que os trasnos por Camariñas
pasar, pasaran cantando.
Foi cousa de non creere
pero din que o irse marchando
as trasnas de Camariñas
quedaban todas lavando.

Media ducia de xornadas
para chegar a Muxía,
entre choros, tendinitis
gargalladas e alegrías
entre paisaxes abertos,
pola costa e pola ría
debuxando flechas verdes
pra marcar a travesía.

Deixando a Vila da Barca
dirixíronse a Nemiña
era a penúltima etapa
e amigos ¿quén o diría?
case case aberto estaba
aquelo en que ninguen cria.
Aquel camiño entre faros
xa non era unha utopía.

Pero foi na octava etapa
cando na praia da Serra
os trasnos déronse conta
de que o círculo se cerra.
De que temos nova ruta
para a xente desta terra
que queira vir camiñando
dende Malpica a Fisterra.

Quizais foran poucos días,
porque solo foron oito
pero en todas as xornadas
todos aprenderon moito

Aprenderon de paxaros
con Jose Luis Rabuñal
que faloulles de gaivotas
e dun correlimos xenial
que ven emigrando de Alaska
voando moi natural.

Tamén foi cousa moi boa
escoitar a Lito Eiroa
que na cida de Borneiro
doulles tamaña lección
que quitaron o sombreiro
ante a súa disertación.

Ou disfrutar “de lo lindo”
oindo a Terceira Vencida
tocar na ventana de Laxe.
Ir un día de mañán
a facerlle unha homenaxe
a Manfred o alemán,

Escoitar a Rafa Lema
contarlles algunha historia
ou disfrutar ca memoria
da fareira do Vilán,
e tamén dese cronista
o que chaman Suso Lista
E que “mecajona tos”
dixo ¿para mariñeiros?,
para trasnos aquí nos.

Aprenderon moito sí,
tanto cousas importantes
como outras pequeniñas
non menos impresionantes
cousas de trasnos anónimos,
que son moi reconfortantes.

Reconfortolles a todos
un trasno chamado Mateo
que camiñou toda a ruta
como caido do ceo
con tan soio seis aniños
ainda hoxe non o creo.

Fliparon co cachondeo
dos de Corme e o seu Komando,
alegres en cada etapa.
Co seu humor vacilando
ata as pedras do camiño
acabaron contaxiando.

A Trasna Oliva berraba
Trasnos Trasnos Trasnos Trasnos
a cada paso que daba.
A Trasna Marina no Rostro
cunha caixa de cervexas
a todos ela agardaba.
Outra trasna camiñaba
e en cada praia que vía,
de resollo se tiraba
estivera quente a auga
o moi fría ou conxelada

Todo saíu perfecto,
no chovío case nada,
e non houbo un accidente
en ningunha das xornadas.
E pra desplazar a xente
ca camiñata acabada
viñan os da empresa Pombo
e a todos a casa levaban,

¿qué máis se pode pedir?
Diríalle eu a Ramon
que ao fin puido conseguir
o que foi unha ilusión
e agora é unha realidade
non máis grande que unha casa
senon máis que unha mansión.

Camiño a beira do mar,
maravillosa viaxe
que entre calmas e oleaxes
un día terei que andar.

Eu dende aquí xa prometo
afirmo proclamo e pronuncio
e públicamente xa anuncio
con moitísimo respeto
ante esta concurrencia
que xuro pola existencia
farei presto esa viaxe
e que para camiñar
nada malo hei de levar
non necesitarei brevaxes,
nin pastillas, nin dopaxes,
Así que trasnas e trasnos,
Amigos fareivos caso
e poreime a camiñar
pois xa quero disfrutar
sen dilacción nin retraso
para levar na equipaxe
un paisaxe en cada paso.

E sin máis escomencemos
a prender esta queimada.
Que apaguen todas as luces
e que xurdan as palabras
para que o lume na noite
bendiga as vosas trasnadas.
Que teñades boas festas
alegres e iluminadas
que o ano novo non traia
polo menos cousas malas
e que sexades felices
cada un na vosa casa
e nesta casa de todos
Galicia da nosa alma
a que cantan os poetas
e por onde os trasnos andan

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *