– ¿Que significou pra ti O Camiño dos Faros?
O Camiño dos Faros é a miña primeira experiencia en facer rutas, pero disfrutei cada pasiño que dei. De Malpica a Ponteceso serviume pa conocer máis a fondo a zona donde nacín e o no resto das etapas tamén descubrín sitios espetaculares. Tamén me serviu pa liberarme un pouco da rutina diaria, e nin que decir ten dos compañeiros de ruta máis deses duendes invisibles que tanto fixeron por facernos o camiño mais doado.BRAVO POR ELES E A VER SE ALGUN DIA TOPÁMONOS CON ELES
– ¿É duro físicamente?
-Penso que case todo o mundo o pode facer, ninguén nos apura fomos a un ritmo moi suave, certo é que nas subidas as veces chegaba un pouco o cansancio pero todo e descansar un pouquiño e xa esta.
– ¿Qué punto do Camiño dos Faros destacarías?
Eu quedome coa baixada do Faro pola calzada romana e encontrarse coa playa da Barda e o paisaxe que se ve ó lonxe. Tan cerquiña de min e totalmente desconocido
– ¿Que farías ti pra conservar e difundir este camiño?
Uf, o de conservalo eu non creo que se poida destruir porque non hai nada feito o unico que nos quiten as señas que nos sirven de guia e para difundilo os concellos da zona terían que involucrarse e publicitalo
– “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso”. ¿Cal é o teu slogan?
En cada paisaxe unha emocion diferente