1ª Edición: Etapa 1 (Malpica – Niñóns)

O Camiño dos Faros ábrese a todo o mundo. Os trasnos queremos unir Malpica e Fisterra outra vez pola beira do mar. E querémolo facer contigo.

O domingo 28 de abril ás 9:30 da mañán vintedous trasn@s, unha trasniña de 13 anos e máis Xia, Xes e Brisa comenzaron en Malpica a primeira etapa deste Camiño dos Faros que levounos ata Niñóns, 22 kilómetros pola Costa da Morte nun día estupendo pra andar, inspirados polos trasnos da Costa da Morte.

Despois de facer a foto do grupo no faro do Puerto de Malpica arrancaron polo paseo do Caldeirón e a Praia de Malpica cara cabo San Adrián. O grupo era heteroxéneo: xente de Coruña, de Carballo, de Malpica, de Baio, de Corcubión, de Cee, de Vigo, de Monforte, de Alemania, de Paraguay…xente preparada e outra menos, mais un bó grupiño que foise coñecendo polo camiño e que disfrutou desta primeira etapa.

Desde San Adrián recorreron a senda costeira fronte ás Illas Sisargas ata chegar á Praia de Beo. Alí fixeron unha pequena paradiña de avitullamento e cruzaron a praia camiño de Seiruga. En Seiruga tocou descalzarse e subirse os pantalóns pra pasar á Ría, mais iso refrescou os pes dos camiñantes para o que quedaba de etapa.

Atravesamos Seiruga e algún dos que iba diante ocurríuselle que había que parar no Bar Xan de Barizo. Non foi mala idea, a tapa de callos tamén axudaba… ;-). Dende alí cruzamos a Praia de Barizo pra subir polo Regacho e chegar a Punta Nariga. Non é un bó tramo, e os trasnos pensamos que melloraría moito cun acceso directo do Porto de Barizo ós eólicos e de alí a Punta Nariga. Aforraríamos un tramo grande de asfalto e non perderíamos de vista ó mar en toda a etapa.

O Chegar a Punta Nariga, outra paradiña para ver o faro e toda a costa da seguinte etapa e salida camiño de Niñóns onde chegamos sobre ás sete e media da tarde e nos esperaba o bus pra voltar a Malpica. O recorrido durou as 10 horas previstas a un ritmo tranquilo de 2,5 Km/hora e non houbo nengún percance, rematando toda a xente eses 22 kilómetros, e convertíndose en trasniños.

Agora os trasnos estamos contentos porque xa somos máis.

Algún día ti tamén serás un trasno da Costa da Morte recorrendo O Camiño dos Faros

Adiante!. Ata Fisterra!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *